luns, 30 de novembro de 2015

Saúdos.

Ola de novo. 

Como xa sabedes os que chegástedes este domingo, primeiro do novo tempo litúrxico de Advento (preparación do Nadal), este será o medio polo cal vou poñerme en contacto con vós. Como xa saben os que estiveron o ano pasado, para cada día vouvos poñer un texto. Vos o leredes e contestaredes a pregunta que vos faga (será unha pregunta moi clara marcada en negrita para distinguila) nun papeliño que me traeredes á catequese.

Non quero que escribades no blogue xa que sodes menores. Basta con que me traiades o papeliño cada domingo. Se algún domingo non podo acudir procurarei avisar por este mesmo blogue.

Acerca do que imos tratar, pois será un percorrido pola historia bíblica e polo significado da mesma para cada ser humano. Invítovos a que a vaiades lendo e percorrendo conmigo e a que acadedes a clave desta historia. No fondo parécese un pouco á busca dun tesouro.

Pode ser que algún de vós pense que o que imos tratar non é significativo, que non ten nada que ver co mundo real. A miña pregunta en tal caso sería, qué é o mundo real?

Gustábame moito de rapaz facer deportes de contacto coa Natureza. Por se non o sabíades a Natureza pode chegar a ser extremadamente cruel. Se non coñecedes as avespas do xénero Pompilidae, ler sobre elas e o que lle fan ás súas presas é bastante desasosegante. 

Os homes non vivimos en plena Natureza, senon en sociedades. Ben, o primeiro valor que ten esta sociedade é ese tan famoso de "tanto tés, tanto vales". Posiblemente notedes unha grande diferenza coa valoración que tes na familia, xa que na familia es valorado por quén es e non polo que tes. Cando saiades ao mundo veredes que, efectivamente, moita xente é valorada polo que ten. Quere eso decir que ese xuízo sexa correcto? Acaso non sodes ninguén se non triunfades?

Un persoaxe que foi moi recoñecido, e que en realidade o que mellor sabía facer era aproveitarse do seu cargo. Dos que lle rodeaban ningún quere saber nada máis de el. 

Cando vaiades medrando veredes que moitas cousas que agora valorades irán quedando no camiño: amizades, lealdades que mantendes dende pequenos, xente á que admirábades... serán capaces de traizoar a vosa boa fe e aproveitarse de vós en beneficio propio. Cando tal cousa vos suceda, non desesperedes nin fagades un drama, sucedeulle a case todo o mundo. Madurar tamén significa tomar con calma eses tragos amargos. 

A medida que pase o tempo iredes atopando novos desafíos: licores presuntamente saludables, propaganda de tabaco, drogas que posiblemente alguén vos invite a consumir para que sexades máis homes ou máis mulleres. Son señuelos cos que seguramente seredes tentados, pero son señuelos que poden dar moita dor se lles metedes un bocado. 

Algunhas comisarías norteamericanas publicaron fotos dos sucesivos arrestos de drogadictos, nos que se observa o deterioro físico, case tan terrible como o mental, que as drogas producen nos que as empregan. Todas as fotos anteriores pertenecen á mesma persoa. 
Se vedes as televisións ou a prensa estes días extranos, parecerá en ocasións ter chegado de novo a tempos escuros e medievais. Veredes a xente reclamando morte e destrución para dar gloria ao seu deus. Non lles fagades caso. Nin siquera lles interesa a relixión, os que fan esas atrocidades non o fan por relixión, fanno por ter cartos, armas e escravos. 

Matan en nome de Deus. Tede por seguro que Deus vailles pedir explicacións. 

Posiblemente vexades ridiculizada á relixión, aos seus sacerdotes, á idea mesma de ser crente. Paradoxalmente, as mesmas persoas ou medios que fan tales declaracións acostumbran a publicar entrevistas e textos de presuntos espiritualistas, xentes de cultura xeralmente pobre que soltan anaquiños de "sabiduría" (moitas veces buscadas presuntamente en Oriente e outros destiños exóticos) que non serven absolutamente para nada nin teñen valor espiritual ningún. Entre estes excéntricos os máis destacados serían Paulo Coelho e Alejandro Jodorowsky, magníficos vendedores de crecepelos. 


Mentres Paulo Coelho escribe un conto, hai xente que é asesinada por seguir a Cristo. 

Ben, teño unha nova para vós: da igual o que a sociedade pense de vós, da igual se non sodes ricos nen saídes no Marca, da igual con quén andedes ou as dificultades que atopedes no voso camiño, sodes seres extraordinarios que un día veredes o infinito cos vosos propios ollos, e será o máis grandioso que teredes visto nunca. En realidade vivides non en Matrix, pero si nunha Matrix, nun programa complexo pero extremadamente débil, que case sempre odia a quenes rexeitan os seus xuízos, porque, consciente da súa fraxilidade, ten medo deles.

Eso non quere decir que teñades que renunciar á vida, pero si que podedes ser capitáns do voso destiño e non facer o que os demáis pretendan impoñervos. Podedes ser libres, e iso nunha sociedade como esta pode ter un alto prezo, pero se alguén manda sobre vós será porque vós llo permitides. Vivir seguindo as recomendacións que iremos vendo pode ser un camiño extremadamente duro, pero non é menos duro seguir ese camiño pola túa conta (tede por suposto que os máis grandes criminales choran sen excepción a primeira noite que pasan na cadea e que sufren polos seus delitos), e que aparte se segues as recomendacións que ti mesmo poderás encontrar na doctrina poderás atopar insólitos aliados. 

Cando vos atopedes en gran tribulación, vos aconsello que vos poñades nas mans de María e que lle entreguedes os vosos problemas. Así ela coidará de vos coma propiedade súa.

Ben, iremos vendo cómo Deus encargouse de ir reparando a senda do home dende o momento da súa caída, e de cómo se foi imbricando nunha historia humana, que, contrariamente á crencia xeral, non é allea a Deus. Non podo decirvos as cousas que tendes que facer nin as decisións que tedes que tomar, pero si que vos podo ofrecer algunha mediciña. Tomala ou non depende de vós. 



Decídeme agora: por qué sodes cristianos?