luns, 15 de agosto de 2016

Apps católicas


Atopeime na páxina Arguments con esta ligazón e chamoume a atención de veras, trátase dun listado de aplicacións católicas que inclúen Biblia, Misais e Santoral e oracións do día. 

Hainas gratuítas e de pago, que requiren conexión e que non. Creo que están bastante claras neste pdf


Feliz verán. 

domingo, 5 de xuño de 2016

María en Medjugorje.

Sabedes que María leva aparecéndose xa tres décadas en Medjugorje? 

Nas derradeiras décadas leva fermentando un movemento mariano moi importante, sendo un dos seus centros claves a poboación bosnia de Medjugorje. As novas tecnoloxías tamén están presentes nisto. 

Existe unha canle de Youtube en castelán na que se publican diferentes contidos: as mensaxes, entrevistas aos videntes, historia das aparicións e cómo os crentes viven as mensaxes de María. 

Se mirades no apartado Listas de Reprodución poderedes atopar tamén contidos como os agrupados baixo o título Según tu palabra, dirixidos polo P. David, no que se comentan os evanxeos do día. En Conversando con Dios o mesmo P. David ponnos unha oración para cada día. 

Deixovos algúns exemplos.



Tamén podedes ver os vídeos nos que Aránzazu, en Escuela de Amor, fala un pouco do que debe ser a oración (lembrade que a oración debe ser un estado e non un acto). 





En todo caso comentaríavos que estes vídeos reflexan únicamente a opinión persoal dos que cremos en Medjugorje, en todo caso supeditada ao xuízo da Igrexa. 

En todo caso se queredes saber algo máis sobre o tema podedes atopar máis información en Infinito +1, Virgen de Medjugorje, Medjugorje, ou Medjugorje website.   

Outras aparicións moi pouco conocidas en España (creo que son moito máis conocidas en Estados Unidos) son as que sucederon nos anos 60 na parroquia cántabra de San Sebastián de Garabandal. Tendes aquí as páxinas da parroquia de San Sebastián, Virgen de Garabandal, Virgen de Garabandal, ou Ecos de Garabandal


Aquí tendes a entrevista que a BBC realizou a Conchita González sobre Garabandal. Este documental e a labor do xa falecido Joey Lomangino deron un amplo coñecemento dos feitos de Garabandal nos Estados Unidos. 


Deica. 

domingo, 10 de abril de 2016

A tilma da Virxe de Guadalupe.

Creo que xa sabedes que son profesor de materias técnicas, considérome unha persoa racional e científica. Pois precisamente por iso xa hai tempo que penso que a realidade verdadeiramente é unha entelequia.

Non sei se coñecedes a historia da Virxe de Guadalupe: a súa historia foi recollida no Nican mopohua, un texto escrito en nahuatl, que de todos os xeitos tendes traducido ao castelán nesta ligazón

Como xa saberedes, a Virxe de Guadalupe é a patrona de México, e no santuario de Guadalupe consérvase a tilma de Juan Diego, na que quedou impresa a imaxe da Virxe cando Juan despregou a tilma ante o bispo Zumárraga, para mostrarlle as rosas medradas fóra de temporada que a Virxe lle mandara levar como señal da realidade da súa aparición. 

Esta imaxe foi estudiada modernamente con resultados sorprendentes. Non vos adianto nada, se queredes mirade os dous vídeos (son bastante largos) da conferencia do P. Roberto Figueroa.





Saúdos.