venres, 14 de decembro de 2018

Non vou este domingo 17 de decembro.


Ola a todos. 

Tiven un imprevisto de última hora e teño que quedar en Lugo, así que este fin de semana non temos catecismo.

Pero hai que ir igual a misa, que é un mandamento.

O que tocaba deste fin de semana queda para o seguinte, veña.

Saúdos e feliz semana. 

luns, 10 de decembro de 2018

José María Zavala.


Hoxe tendes aquí a José María Zavala Gasset. Tras un canto inicial, no minuto 6:15 comeza propiamente a súa testemuña. 



José María era xornalista nun dos principales diarios de España. Ganaba moitos cartos e levaba unha vida moi disipada e despreocupada ata que un suceso relacionado con P. Pío de Pietrelcina fixo envorcar a súa vida. Renunciou ao seu traballo, marchou vivir a Murcia e adicouse a escribir libros sobre temas católicos, concretamente dous sobre a vida e miragres do P. Pío, do que considera ser fillo espiritual. 

Actualmente está a exhibir en cines de España (pronto irá a México) a súa película "El misterio del Padre Pío". Nunca fixera tal cousa, se ben recibeu a mensaxe de que debía dirixir él mesmo esa película. Cando o P. Pío métese polo medio non queda nada en pe. 

Se queredes saber máis do P. Pío tendes aquí unha película sobre a súa vida rodada no ano 2000, pero require algo de tempo para que a vexades tranquilos, dura unhas tres horas! 


Feliz semana. 


Por qué confirmarse?

Ola a todos. 

Desta volta quero que miredes a táboa de motivos para confirmarse que tendes na páxina 12 do libro. 

Da lista de motivos para confirmarse que tendes nesa táboa quero que escollades os catro motivos máis válidos para confirmarvos, segundo o que pensades cada un

Falamos o domingo, feliz semana. 

luns, 3 de decembro de 2018

Magdala.

Esta semana faleivos de Jesús García, quen sufreu un proceso de conversión en Medjugorje.

Nesta ocasión da outra conferencia, sobre a aparición, moi sorprendente, da cidade de Magdala. 



Mirádeo e comentamos no catecismo. 

Feliz semana. 

Quenes somos?

Hai veces que un ten que facerse preguntas moi sinxelas. Vos propoño unha. 

Simplemente contestádeme: quen sodes vós, o grupo de rapaces que vindes ao Catecismo? Podedes decirme algunha cousa boa dos vosos compañeiros? Sodes amigos? 

Se queredes algunha orientación sobre isto podedes ver o libro do Catecismo, nas páxinas 8 a 11. Respondede nun anaco de papel e traédeo. Se non o traedes póñovos falta.

Falamos o próximo día, saúdos. 

martes, 27 de novembro de 2018

Credes nos miragres?

Vos adxunto un video cunha longa conferencia do Dr. Ricardo Castañón. O Dr. Castañón era ateo pero en torno aos 45 anos sufreu unha conversión debido a un presunto miragre eucarístico.

Esta entrada é voluntaria, pero pode estar ben de ver. 



Deica. 

Saúdos aos rapaces do curso 2018-19.


Saúdos a todos. Mediante este medio intentarei publicar as cousas que iremos vendo para cada domingo.

Cada domingo quero que me veñades cun papeliño onde me respondades á pregunta que vou facervos en negrita.

Así que para o próximo sábado tendes esta pregunta:

Qué é a redención? Qué é a alianza e cántas veces se firmou? 

Saúdos. 

domingo, 27 de maio de 2018

Rematou esta temporada de Catecismo.


Ben, outra temporada na que remata o Catecismo. Gracias por atender, aínda que tampouco atendéstedes tanto, creo eu 😊

Para despedirme, simplemente facervos o acordo de que María aparécese en Medjugorje.

Nestes últimos anos estase a producir un movemento Mariano moi importante, sendo Medjugorje, pola súa continuidade e polas súas mensaxes o centro de aparicións  máis imporante na actualidade. Tamén é certo que hai outros como Anguera, e relativamente hai pouco houbo máis como Kibeho ou Akita. Podedes procurar información sobre eles en Internet.

Como resumo do que é Medjugorje, hai unhas conferencias moi boas de Jesús García, póñovos esta porque fai unha historia sucinta do que alí sucede.



As novas tecnoloxías están presentes nisto, así que tendes unha canle de Youtube na que se publican contidos sobre as mensaxes das aparicións, o evanxeo, e cómo vivir de xeito católico. Chámase Reina de la Paz TV.


Se mirades nas listas de reprodución atoparedes diferentes contidos: hai programas agrupados baixo o título Según tu palabra, dirixidos polo P. David, nos que se analizan os evanxeos do día. En Conversando con Dios, o P. David pon unha oración para cada día.

En Escuela de Amor Aránzazu fala de cómo debe ser a oración e cómo debe comportarse un católico. Nos comentarios das mensaxes, (lémbrovos que esas mensaxes seguen a darse día a día) Aránzazu e Carlos fan unha análise persoal das mensaxes recibidas, e o P. David contextualiza esas mesmas mensaxes no seu entorno bíblico.

Sabedes que existen 10 secretos que serán revelados polos videntes pouco antes que vaian a ocorrir? Algo que nunca antes sucedeu na historia escrita da humanidade. O P. David fala aquí deses secretos, pero en realidade, como insisten na canle de Reina de la Paz, os secretos non importan, o que importa son as mensaxes públicas, que son as que hai que vivir.

Xa para rematar, indicar que todo o que comentamos aquí, como din os divulgadores e o P. David, é a nosa opinión persoal, sempre supeditada ao xuízo da Igrexa.

En todo caso, se queredes saber máis, sempre podedes mirar nas páxinas de Reina de la Paz TVVirgen de Medjugorje, Medjugorje.es, Santuario de Medjugorje, Medjugorje website, ou en Infinito más uno

E podedes preguntarme a min ou ao noso párroco, dende logo.

Espero que rematedes ben o curso e que teñades felices vacacións.

Saúdos. 

domingo, 20 de maio de 2018

Testemuñas no límite.

Como veredes, hoxe non vos poño un video de conversos. 

Xa que estamos a falar de Pentecostés cabe interesarse polos efectos do Espíritu Santo. Non podes dar testemuña de Xesús nin ser o seu discípulo sen o auxilio do Espíritu Santo. 

Hoxe en día, na nosa sociedade, pode ser incómodo falar de crencias, cando o mundo parece ter deixado de carón a espiritualidade católica.

Pero hay moitos sitios deste mundo, e nos últimos anos cada vez máis, onde significarte como seguidor de Xesús pode significar a túa morte inmediata. 


Hai xa once anos, o P. Ragheed Ganni foi asasinado por extremistas islámicos no Iraq. A súa historia é a que segue. 



Outro sacerdote iraquí é o P. Benham Benoka, que debeu fuxir en compaña de moitos católicos de Mosul cando comprendeu que a cidade ía ser capturada polo ISIS. O que denuncia é que os cristiáns iraquís foron sometidos a unha operación de expulsión e de exterminio que eliminou a minoría cristiana do Iraq ante a pasividade de todos os organismos internacionais. 



Sor Guadalupe Rodrigo é unha hirmá arxentina do Instituto do Verbo Encarnado. Tras anos de formación parteu como misionera a Orente Medio. Sor Guadalupe tiña algús problemas de saúde tras o seu apostolado, e buscando un lugar de descanso pediu ser trasladada a Alepo, Siria, apenas uns meses antes que estoupara a guerra. A súa historia dende aquela é toda unha película, ao igual que a historia de Siria nestes últimos anos.  



Pero non temos que irnos tampouco lonxe para atopar problemas de persecución. O 26 de xullo de 2016 o P. Jacques (Santiago) Hamel foi decapitado na súa propia igrexa e mentres oficiaba a misa na súa parroquia de St Étienne du Rovray. Xa foi considerado mártir polo Papa Francisco e inicouse o seu proceso de beatificación, como indica esta nova



Sei que varios de vós non pensades que exista o demo. Ben, lamento decirvos que mesmo é palpable un pensamento demoníaco.

Hai anos era impensable que no corazón de Europa poidera estoupar unha brutal guerra civil de carácter étnico, pero tal guerra estoupou e destruiu por completo o extinto país de Iugoslavia.

Hai anos ninguén podía supoñer que Siria poidera afogarse nunha espantosa guerra civil de carácter fundamentalista e relixioso.

Hai menos anos a ninguén se lle pasaba pola cabeza que sacerdotes católicos poideran ser decapitados na mesma igrexa na que oficiaban misa.

Como decía Xesús, estade alerta. Semella que vivimos tempos interesantes.

Feliz semana. 



Pentecostés.

O pasado domingo 13 de maio, que non vin por culpa do da pelota de Baio, celebrouse a ascensión aos ceos de Xesús. Por certo, que este domingo a Ascensión coincidía co 101 aniversario das aparicións de Fátima. 

A Ascensión sucede tras un período de 40 días tras a Resurrección, no que Xesús segue a aparecerse aos seus discípulos (se ben cun corpo distinto, como xa viramos) se ben non engade moito máis á doctrina que predicara, máis ben fai como unha confirmación de todo o que antes dixera, recalcando aos discípulos a importancia da fe. 

E, moi importante, fai a promesa dun consolador: retomamos o capítulo 24 de San Lucas.

36Estando eles comentando estas cousas, presentóuselles Xesús no medio e díxolles:

‑¡A paz sexa convosco!
37Sobresaltados e cheos de medo, coidaban contemplar un espírito. 38Pero el díxolles:
‑¿Por que estades asustados, e a que veñen esas dúbidas? 39Mirade para as miñas mans e para os meus pés: sonvos eu. Palpade aquí e decatádevos de que un espírito non ten carne nin ósos, como vedes que teño eu.
40E dicindo isto, mostroulles as mans e mais os pés. 41Pero eles, tolos de contento e sen saíren do seu asombro, non acababan de crer. Xesús preguntoulles:
‑¿Tedes por aí algo que comer?
42Déronlle un anaco de peixe asado. 43El colleuno e comeuno diante deles. 44Logo díxolles:
‑A isto referíame eu cando, estando aínda convosco, vos dicía que conviña que se cumprise todo o que está escrito na Lei de Moisés, nos Profetas e mais nos Salmos acerca de min.
45E abriu os seus entendementos para que comprendesen as Escrituras. 46E engadiu:
‑Así está escrito: o Mesías padecerá e resucitará de entre os mortos no terceiro día, 47e predicarase no seu nome a conversión e mais o perdón dos pecados a todos os pobos, empezando por Xerusalén. 48Vós seredes testemuñas de todo isto. 49E eu heivos mandar o don prometido por meu Pai. Mentres tanto seguide na cidade, ata que se vos revista co poder que vén de arriba.Así, Xesús pasa todavía 40 días na Terra ata que se despide, ascendendo aos ceos nunha paraxe cerca de Betania, ante os seus discípulos, que regresan a Xerusalén.

Os discípulos permanecen reunidos e en oración ata o día de Pentecostés, na mesma sala na que Xesús instaurara a Eucaristía o día da Cea. É o día da festa das colleitas ou das primicias. O seguinte video relata o sucedido. 


En realidade o interesante é o que ocorre de seguido: o grupo de Xesús estaba composto por xente con poucas cualidades de carisma ou de intelectualidade, comprensiblemente asustados e agochados tras ter visto a execución cruel do seu líder. A partir deste momento pasan a ser un grupo de verdadeiros apóstoles, que predicarán a palabra de Xesús e afrontarán sen medo toda clase de penalidades, incluíndo o martirio. 


Do que ocorreu daquela tendes de seguido unha película completa por se a queredes ver, se ben son tres horas e algo. 



E agora a pregunta para que me traiades: Cáles son os 7 dons do Espíritu Santo?

Saúdos. 

sábado, 12 de maio de 2018

Non vou este domingo 13 de maio


Desta simplemente non podo, que estamos liados coa pelota.

Aproveitade para dar unha volta por Baio e consumir localmente, pero non faltedes a misa! Este domingo fan cen anos das aparicións de Fátima.

Falamos o seguinte domingo, saúdos. 

domingo, 6 de maio de 2018

Historias tristes sobre as drogas.


Xa vos falara das drogas e de cómo chegaron dinamitar a xuventude en zonas como o País Vasco. 

Un grupo de rock que me gustaba moito era Eskorbuto, de Santurce. Formábano Iosu Expósito (guitarra e voz), Jualma Suárez (baixo e voz) e Pako León (batería). 

No video que vos adxunto aparece Iosu falando da adicción á heroína e de cómo era ese ambiente, desaconsellando á xente o seu consumo. No video podedes ver que está en malas condicións, pero chegou a estar moito peor, a xente de Santurce lémbrao en bicicleta e vestindo chándal, vendendo calquera cousa que poidera ter o máis mínimo valor para intentar conseguir uns poucos cartos para droga. 



Iosu conseguiu deixar a heroína, pero para aquela xa estaba moi enfermo e faleceu en maio do 92. Cinco meses máis tarde morreu tamén Jualma por unha doencia cardíaca provocada polo consumo de drogas. Pako, o batería, abandonou a música pero a veces xúntase con outros artistas vascos para concertos de homenaxe aos seus compañeiros. 

Cicatriz foi tamén unha band punk de Vitoria, considerada un dos mellores grupos do seu xénero. Todos os seus membros faleceron antes de 1996, por sobredosis ou por enfermedades asociadas ao consumo de drogas. 



Nacha Pop foi un grupo madrileño que obtivo os primeiros grandes éxitos do pop cantado en castelán, entre eles unha canción considerada a mellor de toda a música pop española, todo un clásico, "Chica de ayer". 



O seu cantante e compositor Antonio Vega tivo unha prolífica carreira musical mesmo tras abandonar Nacha Pop, pero a súa traxectoria sempre estivo asociada ao consumo de heroína. Aquí podedes velo nunha foto de finais dos 70. 



Antonio faleceu en 2009 tras décadas de adicción, convertido nunha sombra do que foi. 



Vos aconsello que non consumades drogas. E, moi importante, desconfiade de inmediato de quen vos ofreza probalas.

Feliz semana.


Conversos XI: A historia de Javier Aldama.

Agora outro video coa historia de Javier Aldama, un rapaz madrileño que na súa xuventude comezou a afastar da Igrexa. A raíz dunha experiencia da súa hirmá, acompañouna a Medjugorje, onde viveu un proceso de conversión. 



Feliz semana. 

O Sacramento da Confirmación.

Fagamos un pequeno repaso sobre os sacramentos da Igrexa. 









Para profundizar nos sacramentos e o seu significado tendes tamén esta entrada.   

Centrándonos no sacramento da Confirmación, para definilo podemos acudir ao Catecismo oficial da Igrexa, que tendes nun link á dereita.  


1315 "Al enterarse los Apóstoles que estaban en Jerusalén de que Samaría había aceptado la Palabra de Dios, les enviaron a Pedro y a Juan. Estos bajaron y oraron por ellos para que recibieran el Espíritu Santo; pues todavía no había descendido sobre ninguno de ellos; únicamente habían sido bautizados en el nombre del Señor Jesús. Entonces les imponían las manos y recibían el Espíritu Santo" (Hch 8,14-17).

1316 La Confirmación perfecciona la gracia bautismal; es el sacramento que da el Espíritu Santo para enraizarnos más profundamente en la filiación divina, incorporarnos más firmemente a Cristo, hacer más sólido nuestro vínculo con la Iglesia, asociarnos todavía más a su misión y ayudarnos a dar testimonio de la fe cristiana por la palabra acompañada de las obras.

1317 La Confirmación, como el Bautismo, imprime en el alma del cristiano un signo espiritual o carácter indeleble; por eso este sacramento sólo se puede recibir una vez en la vida.

1318 En Oriente, este sacramento es administrado inmediatamente después del Bautismo y es seguido de la participación en la Eucaristía, tradición que pone de relieve la unidad de los tres sacramentos de la iniciación cristiana. En la Iglesia latina se administra este sacramento cuando se ha alcanzado el uso de razón, y su celebración se reserva ordinariamente al obispo, significando así que este sacramento robustece el vínculo eclesial.

1319 El candidato a la Confirmación que ya ha alcanzado el uso de razón debe profesar la fe, estar en estado de gracia, tener la intención de recibir el sacramento y estar preparado para asumir su papel de discípulo y de testigo de Cristo, en la comunidad eclesial y en los asuntos temporales.

1320 El rito esencial de la Confirmación es la unción con el Santo Crisma en la frente del bautizado (y en Oriente, también en los otros órganos de los sentidos), con la imposición de la mano del ministro y las palabras: Accipe signaculum doni Spiritus Sancti ("Recibe por esta señal el don del Espíritu Santo"), en el rito romano; Signaculum doni Spiritus Sancti("Sello del don del Espíritu Santo"), en el rito bizantino.


1321 Cuando la Confirmación se celebra separadamente del Bautismo, su conexión con el Bautismo se expresa entre otras cosas por la renovación de los compromisos bautismales. La celebración de la Confirmación dentro de la Eucaristía contribuye a subrayar la unidad de los sacramentos de la iniciación cristiana.

Tamén vos poño un vídeo cortiño do Papa Francisco dirixíndose a uns mozos que preparaban a súa confirmación. 



Como pregunta: cándo recibiron os apóstolos o sacramento da confirmación? 

Feliz semana.  

domingo, 29 de abril de 2018

Conversos X: a historia de Patricia Sandoval.

Xa vos aviso que este vídeo non é de carácter obrigatorio. Por outra parte ten momentos bastante duros, así que se vos considerades sensibles se cadra non debiades de velo.

Patricia Sandoval é unha rapaza de orixe mexicana que medrou en California, Estados Unidos, nunha familia en principio feliz e sen problemas, con economía desafogada e enfocada para o éxito. 


Cando tiña 19 anos quedou embarazada de primeira vez, e se ben pensara en levar a termo a súa gravidez, deixouse convencer polos consellos das súas amigas e decideu abortar. A circunstancia repetiuse dúas veces, polo que acadou a cifra de tres abortos cando apenas superaba os 20 anos.

Con posterioridade a estes abortos deixou de estudar e decideu traballar, entrando na equipa da compañía Planned Parenthood. Tras traballar durante un tempo para esta compañía convencendo a rapazas de orixe latina para que culminaran os abortos e comprender o que estaba facendo, Patricia comezou desenvolver unha depresión que lle levou a caer nunha relación tóxica e nunha adicción á cocaína, para finalmente atoparse un día sola na rúa e sen teito. Foi nese tocar fondo cando solicitou dende o corazón a axuda do Pai, ocorrendo nese intre a súa conversión.

Dende aquela converteuse nunha activista contra o aborto e fai conferencias e da testemuña da súa historia, rexeitando o aborto e a favor da castidade.

Podedes ver aquí a súa páxina web en castelán. 


E o vídeo dunha das súas conferencias. 



Saúdos e feliz semana. 

A resurrección de Xesús.


Xesús xa resucitara mortos. O exemplo máis claro é o de Lázaro.

Pero coa propia resurrección de Xesús cambia algo que fai da súa resurrección un feito distinto da de Lázaro. Poñamos uns textos do evanxeo de Xoán, capítulo 20, copiado de abibliagalega.com.


Aparición ós discípulos: 20, 19-23

19Naquel día, o primeiro da semana, ó serán, estando pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús, e, poñéndose no medio, díxolles:
‑Paz convosco.
20Dito isto, mostroulles as mans e mais o costado. Os discípulos alegráronse, vendo o Señor. 21El díxolles outra vez:
‑Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.
22E dito isto alentou sobre eles, e díxolles:‑Recibide o Espírito Santo: 
23a quen lles perdoedes os pecados, quedaranlles perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.





Aparición a Tomé: 20, 24-29

24Pero Tomé, un dos Doce, o chamado Xemelgo, non estaba con eles cando chegou Xesús. 25Dicíanlle entón os outros discípulos: ‑Vimos o Señor. Pero el contestoulles: ‑Como non vexa nas súas mans as furas dos cravos e non meta nelas o meu dedo; como non meta a miña man no seu costado, non crerei.
26Oito días despois estaban outra vez dentro os discípulos, e Tomé con eles. Chegou Xesús, estando pechadas as portas, e poñéndose no medio, dixo:
‑Paz convosco.
27Despois díxolle a Tomé:
‑Trae aquí o teu dedo e mira as miñas mans; trae a túa man e métea no meu costado. Non sexas incrédulo, senón home de fe.
28Tomé respondeulle: ‑¡Meu Señor e meu Deus!
29Xesús díxolle: ‑¿Tes fe porque me viches? ¡Benia os que creron sen veren!





Unha pregunta moi simple: se estaban as portas pechadas, como entrou Xesús na estancia?


domingo, 22 de abril de 2018

Conferencia de Sor Emmanuel Maillard.


Agora deixovos como entrada voluntaria a testemuña de Sor Emmanuel Maillard.

Sor Emmanuel é parisina e licenciada en Artes pola Sorbona. Tivo unha xuventude moi activa viaxando pola India e practicando ioga, ata que unha conversión brutal transformouna completamente. Leva máis de 20 anos vivindo en Medjugorje, conoce aos videntes das aparicións e fai labor de divulgación das mesmas. 

Vos diría que o vírades, creo que está interesante. 


Saúdos.  

Reflexión: sobre o Reino de Deus.


Deixovos uns párrafos de lectura voluntaria, extraídos da seguinte ligazón e de quen é autor Xabier Pikaza, onde podedes ler o texto completo. 


El judaísmo sabe que Dios es rey, pero no reina plenamente todavía. Juan Bautista aseguraba que un día reinará, pero añadiendo que tenía que venir primero como juez, para destruir el mundo malo, permitiéndoles cruzar de esa manera el río que lleva del desierto a la tierra prometida (1). Pues bien, llegando al final de la experiencia israelita, Jesús afirma que Dios es Rey ya desde ahora y que su Reino ha comenzado a venir. Ésta es su novedad, de tipo más práctico que teórico: el Reino de Dios está llegando, como amor creador, desde los pobres. No vendrá más tarde, como resultado de un juicio donde se castigan los pecados, pues Dios actúa ya como Rey, desde ahora, invirtiendo, con su más alta gracia creadora, los poderes de violencia bestial que dominan sobre el mundo, como destacaba Dan 7, 1-8 (estamos bajo el imperio de las fieras que se suceden, creciendo en maldad). No estamos ya bajo el dominio de las fieras (un dominio aparente), sino en manos del amor de Dios que es su Reino.


Éste es el centro de la historia de Jesús. Sin ese cambio de enfoque, sin esa gran inversión, carece de sentido su mensaje y proyecto de Reino o se convierte en vulgar palabrería, de tipo intimista (dedicada a calmar a los pobres, mientras siguen dominando las fieras de siempre). El centro del mensaje del Reino está en la certeza de que ya no dominan las fieras antiguas (Dan 7), pues el poder que ellas tenían era sólo aparente. En otro tiempo, podían triunfar, como si Dios fuera Diablo que sacraliza el dominio biológico, social o militar. Pero ahora, como dice Jesús en el Sermón de la Montaña/Llanura (Mt 5, 21-49; Lc 6, 20-45), Dios actúa y triunfa (es Rey) a través de aquellos que parecen más débiles, menos importantes (pobres, hambrientos, llorosos, perseguidos). Ellos son Reino, signo/presencia de Dios.


(1) Observade esta referencia ao Éxodo, por favor. 

Saúdos.


A morte de Xesús.


Se cadra debéramos parar un momento pensar nos feitos que levaron á morte de Xesús.

Na época de Xesús a Torah tíñase complementado cun conxunto de leis rabínicas que centraban o feito relixioso xudeo na pureza. Era preciso manterse puro, e o simple feito de mirar un cadáver convertíate en impuro, polo que convertías en impura canta cousa tocabas, sendo esixido un ritual de purificación para retornar ao estado de pureza. As leis rabínicas establecían mesmo cantos pasos podían darse nun sábado, de xeito que o cumprimento das leis xudeas convertíase nunha dura e complexa disciplina. 

Contra isto a actitude de Xesús cambiaba radicalmente. Él transmitía a pureza ao impuro con só miralo. Insistía en falar e incluso comer con prostitutas e pecadores, pois afirmaba que os sanos non precisan de médico, así que o médico da alma debe ir onde están os pecadores. 

Está claro que Xesús predicou contra os abusos de Herodes e da élite política e relixiosa de Israel (a corte de Herodes e a casta sacerdotal). O conflicto foi unha característica da súa prédica, e a xente escoitáballe e seguíalle, o que o facía del un home perigoso ante os ollos dos poderosos. Antes que él outros movimentos mesiánicos ou proféticos xa foran aplastados, e non estaba tan lonxe no tempo a execución de Xoán o Bautista.

Neste contexto, acudir a Xerusalén na festa da Pascua xudea, coa cidade abarrotada de tropas romanas e gardas do Templo, era asumir un grave risco. 

Na derradeira cea, Xesús asume por completo o que vai ocorrerlle, mentres que os seus discípulos resístense a semellante idea, dándoa por imposible. 

Con respecto aos responsables da súa execución, os textos poñen como primeira instigadora á aristocracia relixiosa, que excusa a súa morte como necesaria para manter o equilibrio de poder coas autoridades de Roma. Especialmente chamativa é a frase de Caifás no Sanedrín tras a resurrección de Lázaro. Podemos lela en Xoán, capítulo XI. 

45Entón, moitos dos xudeus que viñeran onda María, vendo o que fixo, creron nel. 46Pero algúns deles foron onda os fariseos, e contáronlles o que fixera Xesús. 47Entón os sumos sacerdotes e os fariseos reuniron o Sanedrín e dicían: ‑¿Que imos facer? Porque este home fai moitos signos. 48Se o deixamos así, todos crerán nel e virán os romanos e quitarannos o noso lugar santo e mais a nosa nación.
49Pero un deles, Caifás, que era o Sumo Sacerdote aquel ano, díxolles: ‑Non entendedes nada. 50¿Non coidades que vos convén que morra un home polo pobo e non que pereza a nación enteira?
51Iso non o dixo pola súa conta, senón que, sendo Sumo Sacerdote aquel ano, profetizou que Xesús había de morrer pola nación; 52e non só pola nación, senón tamén para reunir os fillos de Deus que estaban dispersos. 53Por iso, desde aquel día, decidiron matalo.

As autoridades xudeas denunciárono logo como blasfemo, pero ao estar sometidos á xustiza romana non podían impoñer pena de cruz por blasfemia (terían que lapidalo), polo que decidiron tamén denuncialo ante os romanos como subversivo.

Posto ante Pilato, o relato bíblico é bastante condescendente con él, xa que o pon como un individuo de carácter débil que non é capaz de impoñerse ante as solicitudes, moi insistentes, dos sacerdotes xudeos. Hai que ter en conta tamén que isto pode ser un elemento introducido no relato a fin de exculpar á autoridade de Roma, para evitar enfrontamentos directos coa súa autoridade.

Xesús non estaba obrigado a acudir a Xerusalén na festa da Pascua, pero dirixiuse alí aínda que como pouco intuía o que iba ocorrerlle. Non retrocedeu, foi capturado, torturado e axustizado. E tras da súa morte todo o que fixera parecía perdido, cos seus discípulos en fuga e atemorizados, e con toda a súa labor aparentemente perdida.

E agora a pregunta: qué sentido lle atopades á morte de Xesús?

domingo, 15 de abril de 2018

Conversos X: Alfonso del Corral.


Como sempre, esta é a entrada voluntaria da semana.

Seguramente non lembrades a Alfonso del Corral, e tampouco é extraordinario, así que terei que falarvos un pouquiño del.

Alfonso del Corral foi xogador do Real Madrid de baloncesto a principios dos 80, compatibilizando o deporte cos seus estudos de mediciña. Obtivo varios campionatos como a Liga e a Copa do Rei de baloncesto, e xogou tamén en competicións internacionais. Tras rematar a súa etapa como deportista mantívose vencellado ao Real Madrid nos servizos médicos, onde atendeu a tódolos xogadores do clube. 



Alfonso del Corral atendendo a David Beckham. 

Alfonso casara coa súa moza de toda a vida, coa que tivo cinco fillos. Xa na fronte dos servizos médicos do clube, rematada cum laude a súa tese doutoral, durante un partido fantástico recibeu unha chamada na que lle pedían que abandonara o encontro xa que o seu fillo do medio sufrira un accidente. Horas máis tarde o seu pequeno Álvaro falecía.

Como Alfonso diría despois, non se supera a morte dun fillo, simplemente asúmese. Pero esa circunstancia foi a que, dun xeito insólito, como sempre que hai conversos polo medio, aproximoulle de volta a unha relixiosidade que tiña case olvidada. Ahí queda a súa testemuña. 




Feliz semana. 

A Nova Alianza.



Na relixión católica a Eucaristía é un Sacramento clave, cunha nítida base bíblica.

Leamos o Evanxeo segundo Lucas, capítulo 22:

14Cando chegou a hora, púxose á mesa cos seus apóstolos. 

15Díxolles: -¡Moito levo desexado comer esta Pascua convosco antes de eu padecer! 
16Porque vos digo que xa non a volverei comer ata que chegue o seu cumprimento no Reino de Deus. 
17E collendo unha copa, deu gracias e dixo: -Tomade e repartídea entre vós, 
18pois asegúrovos que non volverei beber do producto da viña ata que chegue o Reino de Deus. 
19E collendo pan, deu gracias, partiuno e déullelo, dicindo: -Este é o meu corpo, que se entrega por vós; facede isto en memoria de min. 
20E despois de cear, fixo o mesmo coa copa, dicindo: -Esta copa é a Nova Alianza, selada co meu sangue, que se verte por vós. 



Podemos supoñer que a data na que se celebrou a Última Cea foi no 13 de Nisán (calendario hebreo) na véspera de Pascua (Pésaj) festa na que se conmemoraba a liberación do pobo xudeo de Exipto, na que se sacrificaba un año para ser consumido en familia. A cea celebrouse no mesmo momento e na mesma hora en que o año era sacrificado.  

Cando chegamos a este punto toda a historia anterior encaixa como un puzzle: novamente repítese o momento no que o pobo de Israel encara a súa liberación, neste caso non material senon espiritual, abríndoselles as portas do ceo en lugar de partir liberados cara ao deserto, e co propio Fillo de Deus ofrecéndose como víctima. 

A consigna do versículo 19 é clara: "Facede isto en memoria de min". E esa noite iniciouse unha cadea que chegou aos nosos días sen interrupción: semana tras semana, día tras día, primeiro os apóstoles e logo os sacerdotes repetiron o rito da consagración do pan e o viño como renovación perpetua do pacto entre Deus e o ser humano. 

Tal data é considerada non só como o inicio da Eucaristía senon como a instauración da orde sacerdotal.

Agora as preguntas (hoxe van dúas):

Para que investiguedes: Cales son os sacramentos da Igrexa Católica?

Como opinión persoal: credes que pode deixar de celebrarse a Eucaristía? 


Feliz semana. 


venres, 6 de abril de 2018

Non vou este domingo 8 de abril.


Nada, que hai temporal e vou quedar en Ourense este finde.

De tódolos xeitos tendes que ir, xa avisei e algún dos catequistas ocuparase de vós.

Quedan pendentes as últimas preguntas publicadas para o seguinte domingo. Se tendes algunha duda podedes poñelo nun comentario.

Deica. 

martes, 20 de marzo de 2018

O novo libro de José María Zavala sobre o P. Pío de Pietrelcina (editado a 9 de abril de 2018).


Como xa vos daríades de conta esta é unha entrada de visionado voluntario.

Se buscades un pouco para atrás atoparedes de novo a conferencia na que o xornalista José María Zavala fala do seu proceso de conversión, que atribúe ao P. Pío de Pietrelcina, de quen están a cumprirse 50 anos da súa morte. Por certo, que pode venerarse o seu corpo incorrupto nunha urna de cristal, na parroquia de San Giovanni Rotondo. 




Acerca do P. Pío teño lido tales cousas e de tal calibre que admito que costa darlles crédito. Con todo as testemuñas da súa vida extraordinaria son moitísimas, e aínda hai moita xente que o coñeceu en vida e da fe sobre él. 

Pois ben, José María acaba de publicar o seu libro sobre o P. Pío, que titulou simplemente "El Santo". E como cada vez que o P. Pío anda polo medio, ármase a gorda: Mentres que vos escribo a primeira edición do libro ven de esgotarse tras somentes 48 horas á venta, obrigando á editorial a quitar unha nova edición. 

Podedes ver unha entrevista con José María na que fala do libro nesta ligazón.



EDITADO: 

Púxenme en contacto con José María Zavala e permíteme que poña aquí unha reflexión que escribeu no seu perfil de Facebook. Tamén lle pedín unha oración por todos vós, e en xusta correspondencia estaría ben que vós fixérades unha simple oración por él. Copio de seguido o seu texto, do mesmo día da publicación do seu libro: 


A PROPÓSITO DE "EL SANTO". Ha sido un día memorable, amigos. El día de la salida de "El Santo", el libro-instrumento del Padre Pío, a las librerías de España entera. Pero el Padre Pío no tiene fronteras. Así que me he pasado horas interminables atendiendo a la avalancha de mensajes privados procedentes de México, Argentina, Colombia, Italia, Alemania, Portugal... y por supuesto, de España.

En muchos de ellos me pedían oraciones al Padre Pío por personas enfermas de cáncer, matrimonios rotos, hijos atrapados en las drogas, parados sin esperanzas...

Apretando un trozo del paño que cubría el costado llagado del santo de los estigmas contra mi pecho, le he pedido que los consuele. Como le imploro que este nuevo libro suyo sea, como lo sigue siendo el primero, un poderoso instrumento de conversiones y curaciones.

Dios sabe que ya no me mueven la fama, la celebridad ni los halagos, sino la imperiosa necesidad de salvar almas en una sociedad tan sedienta de Amor.

Hay muchas personas sufriendo. Nadie absolutamente se libra del sufrimiento. Pero llevar esa cruz, por pesada que sea, con la ayuda del Padre Pío nos convierte en cireneos capaces de sonreír. 

No es masoquismo. Es una realidad: lo mejor siempre se compra al precio de un sufrimiento. Qué gran contradicción humana, ¿no es así? Pero es verdad. El Padre Pío lo sabe muy bien. 

Ahora, releo su libro porque no es mío, aunque lo haya escrito yo. Jamás me había sucedido algo parecido con ningún otro libro mío sobre los Borbones o la Guerra Civil española. Releer "El Santo" me ayuda a ser mejor persona. Siento el amor al prójimo porque amo a Jesús y no me avergüenzo de Él.

Escribir libros como éste, que ayudan a los demás, es una gracia con la que nunca soñé. 

Pero Jesús siempre nos sorprende si confiamos en Él. Y el Padre Pío está siempre ahí, en la retaguardia, para ayudarnos a ser felices de verdad.


¡Gracias, Padre Pío, por cambiar mi vida! Ahora te pido que cambies la de tantos millares de almas que no comprenden todavía que es imposible ser feliz sin Dios. Paz y Bien, amigos.

Por certo que eu xa teño o libro, aínda que a primeira edición esgotouse en 48 horas. Xa vos aviso que cando o P. Pío anda polo medio hai que andarse con ollo. 



E se queredes saber algo máis sobre o P. Pío, tamén hai unha película sobre a súa vida. 



Deica logo.  

domingo, 18 de marzo de 2018

Conversos IX: a Virxe de Guadalupe e a conversión de México.


Pois solamente por esta vez quería irme un pouco para atrás e pasarvos un documental sobre a tilma na que nunha aparicón do século XVI quedou impresa a imaxe da Virxe de Guadalupe, explicado polo sacerdote mexicano P. Roberto Figueroa.

Esta aparición tivo unha importancia clave na evanxelización de Centroamérica e provocou a conversión ao catolicismo de millóns de indíxenas.

Por suposto que se trata dun visionado voluntario, pero... sabíades que nos ollos da imaxe da Virxe de Guadalupe atopáronse figuras humanas de tamaño microscópico que é imposible que foran pintadas?

Hai moitas cousas máis sobre esta imaxe, pero como o P. Roberto xa as explica moi ben prefiro que o vexades vós se queredes. Está en dúas partes e ambas son bastante largas. 







Feliz semana. 

Os discípulos de Xesús.

Cando leades no Novo Testamento, debedes estar atentos a dous tipos de discurso: as palabras (normalmente expresadas con parábolas) e os feitos (curación de enfermos, actos sobre as forzas da Natureza, expulsión de demos) que son coherentes coas palabras anteriores, cos que demostra o seu sometemento á autoridade do Pai e que nunca fai Xesus en beneficio propio. 



Xesús pronto deixou de estar só e arrodeouse de discípulos, con iso daba contido á súa promesa do Reino de Deus como obxectivo comunitario. 



Un destes discípulos foi Mateo. Mateo era publicano, é dicir, recaudador de impostos. Os publicanos eran xentes polo común corruptas que cobraban máis impostos dos marcados pola lei para embolsarse a diferencia, e algúns amasaban fortunas astronómicas, a pesar do cal eran rexeitados e desprezados polo resto dos xudeos. Cabe supoñer que Mateo tiña polo menos certa formación intelectual, pero simplemente o xeito de que Xesús se xuntara cun publicano era motivo de escándalo. A isto respondía Xesús que os sanos non precisan médico, pero si os enfermos, e así él ía buscar polos pecadores e non polos santos. Mateo foi un dos seus principais discípulos, e redactor dun dos evanxeos que compoñen o Novo Testamento. 


Nada tiña Mateo que ver co caso de Pedro. De Pedro sabemos que era de oficio pescador, e podemos supoñer con moitas razóns que era un home iletrado, recio, e posiblemente moi basto. Pero en moitas pasaxes dos evanxeos podemos apreciar o amor puro que Pedro sentía por Xesús. Se cadra unha das pasaxes onde mellor se advirte é precisamente no evanxeo de Mateo, no capítulo 17, onde se mostra a famosa escena da transfiguración. 

1Seis días despois colleu Xesús a Pedro, a Santiago e a Xoán seu irmán, e subiu con eles sós a un monte alto. 2Alí transfigurouse diante deles; o seu rostro resplandecía coma o sol, e os seus vestidos viraron brancos coma a luz. 3Nisto apareceron Moisés e mais Elías falando con el. 4Pedro colleu a palabra e díxolle a Xesús:
‑¡Señor, que ben estamos aquí! Se queres, farei aquí tres tendas, unha para ti, outra para Moisés e outra para Elías.
5E aínda estaba falando cando apareceu unha nube luminosa que os cubriu; e unha voz saíndo da nube dixo:
‑Este é o meu Fillo benquerido, o meu predilecto: escoitádeo.
6O escoitaren isto, os discípulos caeron debruzados, cheos de temor. 7Xesús achegándose, tocounos e díxolles:
‑¡Erguédevos, non teñades medo!
8E levantando os ollos, non viron a ninguén fóra de Xesús.
9Cando baixaban do monte, Xesús encargoulles:
‑Non lle faledes desta visión a ninguén, ata que o Fillo do Home resucite de entre os mortos.


E agora que chegamos aquí, tres preguntas: 

Por qué pensades que Xesús escolleu discípulos?
Por qué pensades que escolleu precisamente a persoas como Mateo e Pedro?
Qué pensades que é preciso hoxe en día para ser discípulo de Xesús?

Feliz semana.