Hoxe tendes aquí a José María Zavala Gasset. Tras un canto inicial, no minuto 6:15 comeza propiamente a súa testemuña.
José María era xornalista nun dos principales diarios de España. Ganaba moitos cartos e levaba unha vida moi disipada e despreocupada ata que un suceso relacionado con P. Pío de Pietrelcina fixo envorcar a súa vida. Renunciou ao seu traballo, marchou vivir a Murcia e adicouse a escribir libros sobre temas católicos, concretamente dous sobre a vida e miragres do P. Pío, do que considera ser fillo espiritual.
Actualmente está a exhibir en cines de España (pronto irá a México) a súa película "El misterio del Padre Pío". Nunca fixera tal cousa, se ben recibeu a mensaxe de que debía dirixir él mesmo esa película. Cando o P. Pío métese polo medio non queda nada en pe.
Se queredes saber máis do P. Pío tendes aquí unha película sobre a súa vida rodada no ano 2000, pero require algo de tempo para que a vexades tranquilos, dura unhas tres horas!
Ola a todos. Desta volta quero que miredes a táboa de motivos para confirmarse que tendes na páxina 12 do libro.
Da lista de motivos para confirmarse que tendes nesa táboa quero que escollades os catro motivos máis válidos para confirmarvos, segundo o que pensades cada un.
Hai veces que un ten que facerse preguntas moi sinxelas. Vos propoño unha.
Simplemente contestádeme: quen sodes vós, o grupo de rapaces que vindes ao Catecismo? Podedes decirme algunha cousa boa dos vosos compañeiros? Sodes amigos?
Se queredes algunha orientación sobre isto podedes ver o libro do Catecismo, nas páxinas 8 a 11. Respondede nun anaco de papel e traédeo. Se non o traedes póñovos falta.