venres, 29 de marzo de 2019

Sobre o purgatorio.

Ola outra vez. 

Quixera que viñérades listos para falar do inferno, do ceo e do purgatorio. Charlaremos un pouquiño sobre o que é cada cousa.

Modernamente hai testemuñas moi curiosas sobre o purgatorio. Unha é de Vicka, a vidente de Medjugorje á que María levou ao purgatorio, e cómo modificou a súa vida. Apenas dura 10 minutos. 




Outra testemuña é a de María Vallejo Nágera, a española convertida en Medjugorje que despois adicouse a escribir pola fe. Pode estar interesante vela.

Falamos, deica logo. 

Quén é Xesús para ti?


Ola de novo.

Xa tiña posto o ano pasado a charla do P. Quique Cabrera, que é párroco en Collado Villalba.

Aquí tendes unha presentación duns poucos segundos nas que resume todo canto pode a súa labor de sacerdote.


Agora ben, o P. Quique non foi sempre cura. De feito resultou ser un xove máis ben complicado. Se queredes escoitar a historia da súa vida podedes vela no seguinte video, que é un pouco largo, pero eu recoméndoo. Cada vez que o vexo pártome coas barbaridades que conta de cando era novo.


Ben, no primeiro vídeo, o P. Quique da unha visión persoal de Xesús.



Le a páxina 49 do libro e contesta: para tí quén é Xesús? Chega con tres ou catro liñas.

Saúdos.


sábado, 23 de marzo de 2019

A Biblia, moi, pero que moi resumida.

Ola outra vez. 


Non sei se conocedes ao P. José Antonio Fortea Cucurull, máis coñecido como P. Fortea.

Desta vez vos poño catro vídeos nos que él, que ten lido a Biblia máis de 50 veces, nos di un relato o máis resumido posible do libro. 















Como seguramente non sabedes quén é o P. Fortea, e non creo que saibades que foi o exorcista máis conocido de España, mesmo pódense atopar vídeos dos seus exorcismos. Pero xa vos aviso que se sodes impresionables non os vexades nin tan siquera os busquedes. 

Falando precisamente diso, no seguinte vídeo o P. Fortea relata a importancia da consagración á Virxe María en contraposición a aqueles que tiñan feito unha consagración ao mal. A partir do minuto 5:15 o P. Fortea relata unha experiencia propia nun exorcismo que produciu nel unha forte impresión. 




Saúdos. 

Problemas co teu hirmán?

Ola de novo. 



Vos poño agora uns versículos do capítulo 18 do Evanxeo segundo San Mateo.


A corrección fraterna (Lc 17, 3)

15Se teu irmán peca contra ti, vai e repréndeo; pero ti só con el. Se te escoita, conquistaches o teu irmán. 16Se non te escoita, leva contigo un ou dous, para que por medio de dúas ou tres testemuñas quede resolto o asunto. 17Se non vos fai caso, dillo á comunidade; e se tampouco lle fai caso á comunidade, sexa para ti como un pagán ou un recadador de impostos. 18Asegúrovos que o que atedes na terra será atado no ceo, e o que desatedes na terra será desatado no ceo.

Oración en común

19Asegúrovos tamén que se dous de vós se poñen de acordo na terra para pedir calquera cousa, conseguirano do meu Pai celestial. 20Porque onde están dous ou tres reunidos no meu nome, alí no medio estou eu.

Perdón das ofensas (Lc 17, 4)

21Entón Pedro, achegándose, preguntoulle:
‑Señor, ¿cantas veces terei que perdoar a meu irmán se me segue ofendendo? ¿Ata sete veces?
22Respondeulle Xesús:
‑Non che digo ata sete veces, senón ata setenta e sete.

E agora a pregunta:

Qué teñen que ver estes versículos cos dez mandamentos? 

Saúdos. 

martes, 12 de marzo de 2019

Sobre o ocultismo.

Ola outra vez. 


Desta vos poño un vídeo cunha charla do pai Ghislain Roy, de Québec. Xa vos teño posto algún vídeo del. 

A charla é propiamente unha denuncia do asunto do ocultismo, que para ser algo que trata do oculto está sorprendentemente presente nas nosas vidas: astroloxía, cartomancia, meiguería, espiritismo... están sorprendentemente presentes mesmo nos medios de comunicación. 

O pai Ghislain vos invita aquí a deixar de carón todas esas cousas e cambialas por unha vida en estado de gracia e en contacto constante cos sacramentos. 

Por suposto, é voluntario, pero creo que valía a pena que o vírades. 



Saúdos. 

De camiño...

Ola de novo, e perdón polo retraso.  


Tocaría agora o tema 6, "Estamos en camiño".

É de supoñer que coa idade que tendes esteades xa a preocuparvos polo voso futuro, se cadra a facer plans sobre él.

Usualmente a vida é un camiño ben revirado e no que facer que se cumpran os teus sonos, por sinxelos que sexan, pode ser sorprendentemente dificultuoso. Ben, xa vos aviso que é así para case todo o mundo, así que cando aparezan as dificultades asumide que os demáis téñenas tamén. 

Xoguemos logo a pensar no futuro: na páxina 37 tendes as preguntas seguintes:

Qué profesión desexaría exercer? Qué cualidades quixera ter? Cales son as miñas aspiracións? Onde preferiría vivir? 

Por favor, traédeas contestadas. 


Ah, e unha canción que sonaba moito nos meus tempos. 



Saúdos.