domingo, 27 de xaneiro de 2019

Ensinanzas do pai Ghislain Roy.


Ola de novo.

Desta vez quería facervos un regalo: un libriño de oracións "para liberarse e sanar".



Xa debérades ter visto no mesmo blog a páxina que lle adico ás entrevistas e charlas do pai Ghislain Roy.

O pai Ghislain Roy é franco-canadiano, do Québec. Foi curado e liberado por sacerdotes da Renovación Carismática, isto é, sacerdotes que reclaman os carismas do Espíritu Santo. Discípulo de Emiliano Tardiff, él mesmo volveuse un sacerdote carismático e percorría o mundo dando charlas, conferencias e exercendo ministerio de sanación e liberación, se ben agora está máis centrado na súa parroquia de Beauceville.

Tendes máis sobre él na descripción do video que vos poño de seguido. 


Na mesma descripción do video tendes o link para descargar o libriño. De todos os xeitos poñoo aquí para que o baixedes

Outras entrevistas que ten dado e que me parecen ben interesantes son as seguintes, que son entrevistas radiadas que poden simplemente escoitarse. 

A primeira da claves para autoliberarse e vivir en paz. 


A segunda da unha explicación do que é o ocultismo e a súa influencia nefasta, que vos invito a evitar a toda costa, pero da que podedes liberarvos chegado o caso. 



Saúdos. 

Profetas dos tempos novos.

Ola a todos.

Esta vez pídovos que leades o cadro da páxina 20 do libro.

Como podedes comprobar, á esquerda están relacionadas as características dos profetas do Antigo Testamento.

Á dereita hai outro cadriño en branco sobre o que fan os xoves de hoxe, para comparalos.

Pídovos que, coma sempre, escribades nun papeliño o que habería que poñer nos cadros en branco. Escribide as vosas impresións sobre a xuventude de hoxe. Preocúpanlle á xuventude os problemas de hoxe? Denuncia a xuventude os problemas de hoxe? Etc..


Ah, outra cousa máis: 

Como nos deron o libriño de oracións básicas, para o próximo día vouvos preguntar esas oracións. Aprendede as que non saibades, por favor. 


Feliz semana. 

domingo, 13 de xaneiro de 2019

O Pentecostés e a historia de María Vallejo Nágera.


A ver se nos aclaramos dunha vez, que tendes a cabesiña moi dura: o Pentecostés foi a chegada do Espíritu Santo sobre os apóstolos, tras a partida de Xesús.

Os apóstolos botaran nove días de oración e axuno no cenáculo da última cea. Tras nove días chegou o consolador prometido por Xesús, dun xeito que ninguén esperaba. Aquí tendes un resumo. 




O que vos poño de seguido é unha testemuña que dou nunhas xornadas, se procurades en Youtube atoparedes con facilidade máis conferencias e charlas dela.


María era unha muller de clase alta, ex-modelo, escritora, casada cun enxeñeiro que traballaba na City de Londres, e que levaba unha vida despreocupada e frívola. Un día sentiu unha chamada, fixo unha visita a Medjugorje e en tres segundos, tras recibir o rocío do Espíritu Santo, a súa vida dou un envorque absoluto. Dende aquela escrebe libros fundamentalmente de carácter católico, explica a súa conversión en charlas coma esta e divulga a mensaxe de Medjugorje e a das outras aparicións marianas e sobre as ánimas do purgatorio.


Podedes ver o vídeo e se queredes comentámolo na próxima.


Feliz semana.

A chamada.


Ola a todos. 

Desta vez imos ler as pasaxes bíblicas da páxina 14.

Na primeira fálanos de como Xesús atopa a Pedro, Andrés, Santiago e Xoán. En principio chámaos e invítaos a ir canda El. Eles fano de contado, deixando canto teñen.

Posteriormente fala con eles e dilles que non serán servos senón amigos.

Valoremos un par de cousas sobre isto.

Como considerades que poido ser que os apóstolos comezaran por abandonar todo, mesmo deixando ao seu propio pai na barca co resto dos empregados? E, como pensades que consideraba Xesús a amizade?

Feliz semana.