martes, 20 de marzo de 2018

O novo libro de José María Zavala sobre o P. Pío de Pietrelcina (editado a 9 de abril de 2018).


Como xa vos daríades de conta esta é unha entrada de visionado voluntario.

Se buscades un pouco para atrás atoparedes de novo a conferencia na que o xornalista José María Zavala fala do seu proceso de conversión, que atribúe ao P. Pío de Pietrelcina, de quen están a cumprirse 50 anos da súa morte. Por certo, que pode venerarse o seu corpo incorrupto nunha urna de cristal, na parroquia de San Giovanni Rotondo. 




Acerca do P. Pío teño lido tales cousas e de tal calibre que admito que costa darlles crédito. Con todo as testemuñas da súa vida extraordinaria son moitísimas, e aínda hai moita xente que o coñeceu en vida e da fe sobre él. 

Pois ben, José María acaba de publicar o seu libro sobre o P. Pío, que titulou simplemente "El Santo". E como cada vez que o P. Pío anda polo medio, ármase a gorda: Mentres que vos escribo a primeira edición do libro ven de esgotarse tras somentes 48 horas á venta, obrigando á editorial a quitar unha nova edición. 

Podedes ver unha entrevista con José María na que fala do libro nesta ligazón.



EDITADO: 

Púxenme en contacto con José María Zavala e permíteme que poña aquí unha reflexión que escribeu no seu perfil de Facebook. Tamén lle pedín unha oración por todos vós, e en xusta correspondencia estaría ben que vós fixérades unha simple oración por él. Copio de seguido o seu texto, do mesmo día da publicación do seu libro: 


A PROPÓSITO DE "EL SANTO". Ha sido un día memorable, amigos. El día de la salida de "El Santo", el libro-instrumento del Padre Pío, a las librerías de España entera. Pero el Padre Pío no tiene fronteras. Así que me he pasado horas interminables atendiendo a la avalancha de mensajes privados procedentes de México, Argentina, Colombia, Italia, Alemania, Portugal... y por supuesto, de España.

En muchos de ellos me pedían oraciones al Padre Pío por personas enfermas de cáncer, matrimonios rotos, hijos atrapados en las drogas, parados sin esperanzas...

Apretando un trozo del paño que cubría el costado llagado del santo de los estigmas contra mi pecho, le he pedido que los consuele. Como le imploro que este nuevo libro suyo sea, como lo sigue siendo el primero, un poderoso instrumento de conversiones y curaciones.

Dios sabe que ya no me mueven la fama, la celebridad ni los halagos, sino la imperiosa necesidad de salvar almas en una sociedad tan sedienta de Amor.

Hay muchas personas sufriendo. Nadie absolutamente se libra del sufrimiento. Pero llevar esa cruz, por pesada que sea, con la ayuda del Padre Pío nos convierte en cireneos capaces de sonreír. 

No es masoquismo. Es una realidad: lo mejor siempre se compra al precio de un sufrimiento. Qué gran contradicción humana, ¿no es así? Pero es verdad. El Padre Pío lo sabe muy bien. 

Ahora, releo su libro porque no es mío, aunque lo haya escrito yo. Jamás me había sucedido algo parecido con ningún otro libro mío sobre los Borbones o la Guerra Civil española. Releer "El Santo" me ayuda a ser mejor persona. Siento el amor al prójimo porque amo a Jesús y no me avergüenzo de Él.

Escribir libros como éste, que ayudan a los demás, es una gracia con la que nunca soñé. 

Pero Jesús siempre nos sorprende si confiamos en Él. Y el Padre Pío está siempre ahí, en la retaguardia, para ayudarnos a ser felices de verdad.


¡Gracias, Padre Pío, por cambiar mi vida! Ahora te pido que cambies la de tantos millares de almas que no comprenden todavía que es imposible ser feliz sin Dios. Paz y Bien, amigos.

Por certo que eu xa teño o libro, aínda que a primeira edición esgotouse en 48 horas. Xa vos aviso que cando o P. Pío anda polo medio hai que andarse con ollo. 



E se queredes saber algo máis sobre o P. Pío, tamén hai unha película sobre a súa vida. 



Deica logo.  

domingo, 18 de marzo de 2018

Conversos IX: a Virxe de Guadalupe e a conversión de México.


Pois solamente por esta vez quería irme un pouco para atrás e pasarvos un documental sobre a tilma na que nunha aparicón do século XVI quedou impresa a imaxe da Virxe de Guadalupe, explicado polo sacerdote mexicano P. Roberto Figueroa.

Esta aparición tivo unha importancia clave na evanxelización de Centroamérica e provocou a conversión ao catolicismo de millóns de indíxenas.

Por suposto que se trata dun visionado voluntario, pero... sabíades que nos ollos da imaxe da Virxe de Guadalupe atopáronse figuras humanas de tamaño microscópico que é imposible que foran pintadas?

Hai moitas cousas máis sobre esta imaxe, pero como o P. Roberto xa as explica moi ben prefiro que o vexades vós se queredes. Está en dúas partes e ambas son bastante largas. 







Feliz semana. 

Os discípulos de Xesús.

Cando leades no Novo Testamento, debedes estar atentos a dous tipos de discurso: as palabras (normalmente expresadas con parábolas) e os feitos (curación de enfermos, actos sobre as forzas da Natureza, expulsión de demos) que son coherentes coas palabras anteriores, cos que demostra o seu sometemento á autoridade do Pai e que nunca fai Xesus en beneficio propio. 



Xesús pronto deixou de estar só e arrodeouse de discípulos, con iso daba contido á súa promesa do Reino de Deus como obxectivo comunitario. 



Un destes discípulos foi Mateo. Mateo era publicano, é dicir, recaudador de impostos. Os publicanos eran xentes polo común corruptas que cobraban máis impostos dos marcados pola lei para embolsarse a diferencia, e algúns amasaban fortunas astronómicas, a pesar do cal eran rexeitados e desprezados polo resto dos xudeos. Cabe supoñer que Mateo tiña polo menos certa formación intelectual, pero simplemente o xeito de que Xesús se xuntara cun publicano era motivo de escándalo. A isto respondía Xesús que os sanos non precisan médico, pero si os enfermos, e así él ía buscar polos pecadores e non polos santos. Mateo foi un dos seus principais discípulos, e redactor dun dos evanxeos que compoñen o Novo Testamento. 


Nada tiña Mateo que ver co caso de Pedro. De Pedro sabemos que era de oficio pescador, e podemos supoñer con moitas razóns que era un home iletrado, recio, e posiblemente moi basto. Pero en moitas pasaxes dos evanxeos podemos apreciar o amor puro que Pedro sentía por Xesús. Se cadra unha das pasaxes onde mellor se advirte é precisamente no evanxeo de Mateo, no capítulo 17, onde se mostra a famosa escena da transfiguración. 

1Seis días despois colleu Xesús a Pedro, a Santiago e a Xoán seu irmán, e subiu con eles sós a un monte alto. 2Alí transfigurouse diante deles; o seu rostro resplandecía coma o sol, e os seus vestidos viraron brancos coma a luz. 3Nisto apareceron Moisés e mais Elías falando con el. 4Pedro colleu a palabra e díxolle a Xesús:
‑¡Señor, que ben estamos aquí! Se queres, farei aquí tres tendas, unha para ti, outra para Moisés e outra para Elías.
5E aínda estaba falando cando apareceu unha nube luminosa que os cubriu; e unha voz saíndo da nube dixo:
‑Este é o meu Fillo benquerido, o meu predilecto: escoitádeo.
6O escoitaren isto, os discípulos caeron debruzados, cheos de temor. 7Xesús achegándose, tocounos e díxolles:
‑¡Erguédevos, non teñades medo!
8E levantando os ollos, non viron a ninguén fóra de Xesús.
9Cando baixaban do monte, Xesús encargoulles:
‑Non lle faledes desta visión a ninguén, ata que o Fillo do Home resucite de entre os mortos.


E agora que chegamos aquí, tres preguntas: 

Por qué pensades que Xesús escolleu discípulos?
Por qué pensades que escolleu precisamente a persoas como Mateo e Pedro?
Qué pensades que é preciso hoxe en día para ser discípulo de Xesús?

Feliz semana. 

sábado, 10 de marzo de 2018

Non vou este domingo 11 de marzo.

Quédome en Ourense, que foime pillar o temporal completo. 

Así, quedan para o domingo que ven as últimas dúas entradas.

Por outra parte, se non vístedes o anuncio, a misa de mañá domingo será en Baio Pequeno, xa que o templo novo tivo desperfectos debido ao temporal.

Feliz semana. 

domingo, 4 de marzo de 2018

O evanxeo, ou a mensaxe da boa nova do Reino de Deus.



Xa unhas décadas antes do nacemento de Xesús, Palestina vivía nunha situación de espera da intervención de Deus, da chegada do Mesías. 


Foi un tempo no que se suscitaron varios movementos relixiosos. Como xa comentáramos, Xesús dirixiuse ao de San Xoán Bautista, que anunciaba a chegada do xuízo de Deus e impartía o bautismo como signo de arrepentimento e conversión, sendo o propio Xesús bautizado. 

O evanxeo de Xoán describe que Xesús estivo no grupo de Xoán, ata que chegado un intre toma o seu propio camiño, posiblemente tras descubrir un novo xeito de valorar o intre histórico e a actuación de Deus.

No capítulo XIII de Mateo, Xesús fala en diferentes versículos do Reino. 



31E contoulles outra parábola:
‑O Reino dos Ceos é semellante a un gran de mostaza que un home sementou na súa horta. 32A mostaza vén sendo a máis pequerrecha de todas as sementes; pero cando medra chega a ser meirande ca todas as hortalizas, converténdose nunha árbore; de tal xeito, que mesmo os paxaros veñen facer o niño nas súas pólas.


33Díxolles outra parábola:
‑O Reino dos Ceos é semellante ó fermento que unha muller amasou en tres medidas de fariña ata que todo levedou.
34Todo isto lle falou Xesús en parábolas á xente, e nada lle falaba que non fose por medio de parábolas. 35De xeito que se cumprise o que dixera o profeta:
Abrirei a miña boca para dicir parábolas, proclamarei cousas escondidas desde que o mundo é mundo.

44O Reino dos Ceos é semellante a un tesouro agachado nunha leira: o home que o atopou vólveo a agachar; e, cheo de alegría, vai vender canto ten para mercar aquela leira.

45Tamén se parece o Reino dos Ceos a un tratante de perlas finas: 

46en atopando unha de grande valor, foi vender canto tiña e mercouna.



Máis que centrarse na inminencia do xuízo de Deus, como facía Xoán, Xesús proclama a chegada do Reino de Deus como "gracia" e "boa nova" ("evanxeo", en grego). Se ben continúa coa compoñente de xuízo, a boa nova incide na graza, e na salvación ofrecida a todos sen excepción. Reclámase a "metanoia", traducible como "penitencia", pero tamén como "cambio de mentalidade".



A chegada do Reino de Deus convírtese logo nun elemento clave da predicación de Xesús.


Qué pensades vós que é o Reino de Deus?


Feliz semana. 

Conversos VIII: Jesús García e o descubrimento de Magdala.

Esta é a entrada voluntaria. 

Jesús García é outro converso que sufreu unha transformación nunha viaxe a Medjugorje que fóra cubrir como xornalista. 

Dende aquela ten escrito varios libros de corte relixioso.

Tamén ten colaborado co sacerdote mexicano Juan Solana. Este sacerdote comprara uns terreos en Israel, en Terra Santa, e cando empezou a excavación do solar produceuse un descubrimento sorprendente. Vos invito a que o vexades, describe no vídeo todo o sucedido. 




Feliz semana.