domingo, 24 de febreiro de 2019

Unha nova adicción: ollo á ludopatía.

Ola outra vez. 

Supoño que xa saberedes o que é a ludopatía. Consiste nun transtorno da conduta, propiamente unha adicción, que leva á súa vítima a gastar e gastar sen medida todo canto ten en xogos de azar. Non importa que gañe, xa que o que quere un ludópata é xogar, así que gastará de novo canto gañe xogando ata perdelo todo. Un vicio se cadra tan dañino como a droga.

Lamentablemente, o acceso a Internet está a favorecer este tipo de transtorno da conducta, e xa vos aviso que os rapaces sodes especialmente vulnerables a él, pois xa se pode xogar dende os aparatos móbiles.


En Roma a asociación Comunidade Papa Xoan XXIII fai labor de reinserción de persoas que caeron nesta adicción. Nesta nova falan da súa labor e varios pacientes dan testemuña sobre a súa dependencia. 

Se queredes coñecer a testemuña de alguén que arruinou a súa vida xogando, tendes aquí a José Manuel de Bilbao (aínda que polo seu acento paréceme galego) falando da súa experiencia. Cando o gastou todo comezou a pedir prestado. Cando tamén agotou esa vía comezou roubar. 




Léchedes esta nova sobre un rapaz que roubou nunha tenda de chuches para ir gastar todo nunha casa de apostas? 

Esperemos que non, pero se algún día sabedes dalgunha persoa que ten problemas co xogo podedes poñervos en contacto con Vieiros en Carballo ou coa Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados (Agalure) en Coruña.

Importante: non poderedes cambiar a ninguén por vós mesmos, se intentades iso acabaredes mal. Se unha persoa ten problemas desta índole require asistencia profesional, e mesmo así non é seguro que consiga recuperarse.

Edito: hoxe martes 26 de febreiro atopeime na rede con este artigo sobre os riscos de sufrir adicción. Pode ser interesante de ler.

Saúdos. 





Pertenecer a un lugar.

Ola de novo. 

Xa saberedes que este domingo 3 de marzo non haberá catecismo, polo que esta entrada é para o seguinte domingo, día 10 de marzo. 

Esta vez quero que miredes no libro a páxina 30. Corresponde co capítulo 5, "Pertencemos a un pobo". Tomade un momento para ler esta páxina.

Agora lede a páxina 31. Como verás, hai unha lista das problemáticas sociais máis usuais nas cidades e os pobos de Galicia. Ben, se pertencemos a un lugar, teremos que asumir os seus problemas.

Referidos a esta lista se problemas, na dereita tendes nun globo unha serie de preguntas, escollo estas para que as respondades:

Destes problemas, cales están máis presentes na túa terra? Cal é o máis importante? Cal afecta máis aos xoves? 

Que pasedes ben estes días, un saúdo. 

luns, 11 de febreiro de 2019

A ideoloxía de xénero.

Ola de novo. 

É fácil atopar en Internet conferencias do avogado e historiador Alberto Bárcena, quen enfoca a actualidade aplicando perspectivas católicas. 

Neste caso aborda dun xeito políticamente non correcto o asunto da ideoloxía de xénero. Penso que pode estar ben escoitalo. 

Saúdos. 


Homes e mulleres.

Ola outra vez.

Agora quixera que lérades os cadros da páxina 25. 

O primeiro refírese ás cualidades e funcións do home e da muller. 

O segundo refírese aos problemas e vantaxes de ser rapaz ou rapaza. Por favor, sinalade dúas vantaxes e dous inconvintes que lle vedes á ser rapaz ou rapaza, o escribides e comentámolo no catecismo.

Saúdos. 

martes, 5 de febreiro de 2019

A testemuña de Patricia Sandoval.


Ola outra vez.

Esta vez póñovos a testemuña de Patricia Sandoval.

Patricia é norteamericana de ascendencia mexicana. Cando apenas tiña vinte anos abortou en tres ocasións e posteriormente traballou para unha multinacional do aborto, a famosa Planned Parenthood. Tras pasar por graves circunstancias tivo unha conversión e actualmente é unha das máis importantes conferenciantes provida do mundo, promove a castidade e ten escrito libros pro vida.

Podedes localizar fácilmente a súa páxina en Google, aquí vos poño unha das conferencias que ten impartido. 




Saúdos. 

Somos profetas?


Ola de novo. Desculpade o retraso.

Desta vez quería que mirásedes a páxina 22 do libro, na pregunta ¿Cómo podo ser profeta hoxe?

Nesa pregunta tendes nove puntos sobre os que poderíamos reflexionar.

Escollede tres puntos e escribídeme se algunha vez fixéstedes o correspondente a un profeta, ou se non o fixestedes.

Tranquilos, non vou xulgarvos por iso.

Saúdos.