Supoño que xa saberedes o que é a ludopatía. Consiste nun transtorno da conduta, propiamente unha adicción, que leva á súa vítima a gastar e gastar sen medida todo canto ten en xogos de azar. Non importa que gañe, xa que o que quere un ludópata é xogar, así que gastará de novo canto gañe xogando ata perdelo todo. Un vicio se cadra tan dañino como a droga.
Lamentablemente, o acceso a Internet está a favorecer este tipo de transtorno da conducta, e xa vos aviso que os rapaces sodes especialmente vulnerables a él, pois xa se pode xogar dende os aparatos móbiles.
En Roma a asociación Comunidade Papa Xoan XXIII fai labor de reinserción de persoas que caeron nesta adicción. Nesta nova falan da súa labor e varios pacientes dan testemuña sobre a súa dependencia.
Se queredes coñecer a testemuña de alguén que arruinou a súa vida xogando, tendes aquí a José Manuel de Bilbao (aínda que polo seu acento paréceme galego) falando da súa experiencia. Cando o gastou todo comezou a pedir prestado. Cando tamén agotou esa vía comezou roubar.
Léchedes esta nova sobre un rapaz que roubou nunha tenda de chuches para ir gastar todo nunha casa de apostas?
Esperemos que non, pero se algún día sabedes dalgunha persoa que ten problemas co xogo podedes poñervos en contacto con Vieiros en Carballo ou coa Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados (Agalure) en Coruña.
Importante: non poderedes cambiar a ninguén por vós mesmos, se intentades iso acabaredes mal. Se unha persoa ten problemas desta índole require asistencia profesional, e mesmo así non é seguro que consiga recuperarse.
Edito: hoxe martes 26 de febreiro atopeime na rede con este artigo sobre os riscos de sufrir adicción. Pode ser interesante de ler.
Saúdos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario