domingo, 13 de xaneiro de 2019

O Pentecostés e a historia de María Vallejo Nágera.


A ver se nos aclaramos dunha vez, que tendes a cabesiña moi dura: o Pentecostés foi a chegada do Espíritu Santo sobre os apóstolos, tras a partida de Xesús.

Os apóstolos botaran nove días de oración e axuno no cenáculo da última cea. Tras nove días chegou o consolador prometido por Xesús, dun xeito que ninguén esperaba. Aquí tendes un resumo. 




O que vos poño de seguido é unha testemuña que dou nunhas xornadas, se procurades en Youtube atoparedes con facilidade máis conferencias e charlas dela.


María era unha muller de clase alta, ex-modelo, escritora, casada cun enxeñeiro que traballaba na City de Londres, e que levaba unha vida despreocupada e frívola. Un día sentiu unha chamada, fixo unha visita a Medjugorje e en tres segundos, tras recibir o rocío do Espíritu Santo, a súa vida dou un envorque absoluto. Dende aquela escrebe libros fundamentalmente de carácter católico, explica a súa conversión en charlas coma esta e divulga a mensaxe de Medjugorje e a das outras aparicións marianas e sobre as ánimas do purgatorio.


Podedes ver o vídeo e se queredes comentámolo na próxima.


Feliz semana.

A chamada.


Ola a todos. 

Desta vez imos ler as pasaxes bíblicas da páxina 14.

Na primeira fálanos de como Xesús atopa a Pedro, Andrés, Santiago e Xoán. En principio chámaos e invítaos a ir canda El. Eles fano de contado, deixando canto teñen.

Posteriormente fala con eles e dilles que non serán servos senón amigos.

Valoremos un par de cousas sobre isto.

Como considerades que poido ser que os apóstolos comezaran por abandonar todo, mesmo deixando ao seu propio pai na barca co resto dos empregados? E, como pensades que consideraba Xesús a amizade?

Feliz semana.

venres, 14 de decembro de 2018

Non vou este domingo 17 de decembro.


Ola a todos. 

Tiven un imprevisto de última hora e teño que quedar en Lugo, así que este fin de semana non temos catecismo.

Pero hai que ir igual a misa, que é un mandamento.

O que tocaba deste fin de semana queda para o seguinte, veña.

Saúdos e feliz semana. 

luns, 10 de decembro de 2018

José María Zavala.


Hoxe tendes aquí a José María Zavala Gasset. Tras un canto inicial, no minuto 6:15 comeza propiamente a súa testemuña. 



José María era xornalista nun dos principales diarios de España. Ganaba moitos cartos e levaba unha vida moi disipada e despreocupada ata que un suceso relacionado con P. Pío de Pietrelcina fixo envorcar a súa vida. Renunciou ao seu traballo, marchou vivir a Murcia e adicouse a escribir libros sobre temas católicos, concretamente dous sobre a vida e miragres do P. Pío, do que considera ser fillo espiritual. 

Actualmente está a exhibir en cines de España (pronto irá a México) a súa película "El misterio del Padre Pío". Nunca fixera tal cousa, se ben recibeu a mensaxe de que debía dirixir él mesmo esa película. Cando o P. Pío métese polo medio non queda nada en pe. 

Se queredes saber máis do P. Pío tendes aquí unha película sobre a súa vida rodada no ano 2000, pero require algo de tempo para que a vexades tranquilos, dura unhas tres horas! 


Feliz semana. 


Por qué confirmarse?

Ola a todos. 

Desta volta quero que miredes a táboa de motivos para confirmarse que tendes na páxina 12 do libro. 

Da lista de motivos para confirmarse que tendes nesa táboa quero que escollades os catro motivos máis válidos para confirmarvos, segundo o que pensades cada un

Falamos o domingo, feliz semana. 

luns, 3 de decembro de 2018

Magdala.

Esta semana faleivos de Jesús García, quen sufreu un proceso de conversión en Medjugorje.

Nesta ocasión da outra conferencia, sobre a aparición, moi sorprendente, da cidade de Magdala. 



Mirádeo e comentamos no catecismo. 

Feliz semana. 

Quenes somos?

Hai veces que un ten que facerse preguntas moi sinxelas. Vos propoño unha. 

Simplemente contestádeme: quen sodes vós, o grupo de rapaces que vindes ao Catecismo? Podedes decirme algunha cousa boa dos vosos compañeiros? Sodes amigos? 

Se queredes algunha orientación sobre isto podedes ver o libro do Catecismo, nas páxinas 8 a 11. Respondede nun anaco de papel e traédeo. Se non o traedes póñovos falta.

Falamos o próximo día, saúdos.