sábado, 1 de xuño de 2019

Ola. Para mañá non hai entrada.

Ola de novo. 

En fin, eu tamén estou de final de curso, así que ando liado e non vos subín nada desta.

Así que mañá 2 de xuño do 2019 non traiades nada, falaremos un pouco ao saír da misa.

Saúdos. 

sábado, 18 de maio de 2019

A Síndone de Turín e o Sudario de Oviedo.



Ola de novo. 

Supoño que teredes visto algunha vez capítulos de series como "CSI", "Mentes criminais" ou documentais que analizan a resolución de crimes a partir do estudo forense (é decir, do exame médico das probas e dos corpos sobre os que se cometeron delitos) dos casos.

En España temos unhas cantas eminencias na materia, como o profesor da USC Ángel Carracedo, natural de Santa Comba e autoridade mundial en xenética, ou o doctor Alfonso Sánchez Hermosilla, forense, antropólogo forense e xefe de sección de clínica forense no Instituto de Medicina Legal de Murcia.

Agora ben, supoñedes que pode efectuarse un estudo forense sobre un crime cometido hai 2000 anos e do que non temos cadáver? Pois amparándose nos seus coñecementos de mediciña forense o Dr. Sánchez ten feito estudos que considero bastante profundos sobre a Sábana Santa de Turín e o Santo Sudario de Oviedo.

Destas mesmas reliquias, das que mesmo hoxe hai dúbidas da súa autenticidade, que comenta neste artigo.

Acerca da relación entre estas dúas reliquias, o doctor Sánchez dou unha conferencia no Santuario da Divina Misericordia de Murcia, o 12 de abril de 2015. Guíndovola de seguido e se queredes a comentamos en catequese. 




Se vos interesa o tema da Síndone de Turín, aquí tendes outro vídeo curioso con outros achádegos recentes. 


Deica. 

A construción do Reino de Deus.


Ola de novo. Desculpade polo atraso.

Hoxe quería falarvos do Reino de Deus. Témolo no libro a partir da páxina 68 do libro. Consiste na “boa nova”, na noticia que Xesús da do Reino de Deus.


Evidentemente o mundo é un lugar complicado, duro, inxusto e mesmo cruel. No “Padrenuestro” decimos “fágase a túa vontade así na Terra como no Ceo”. Dende logo que non é vontade de Deus que as cousas vaian mal na Terra, que haxa inxustiza ou crueldade.

Fagamos un pequeno resumo do que di o libro:

Poderíamos resumir que o Reino de Deus é a nova orde moral e social que Xesús ven instaurar na humanidade. O que Xesús pretende é renovar o home e a Creación.

O Reino de Deus consiste en entender que Deus é o noso Pai, que somos familia e que debemos tratarnos coma irmáns. A Terra enteira pasa ser a casa de todos, polo que debemos ter relacións xustas, libres e pacíficas entre os diferentes pobos, e por suposto a Terra debe ser coidada con criterios ecoloxistas. Con isto temos que camiñar cara unha vida en plenitude.

Este reino comezou propiamente coa predicación de Xesús. Deus levará este reino á súa plenitude ao final dos tempos.

Como vedes na páxina 70, hai diferentes xeitos de construción do reino de Deus:
Descubrir unha vacina que evite epidemias é colaborar coa construción do Reino de Deus.
Unha ONG que salve vidas de náufragos no Mediterráneo colabora coa construción do Reino de Deus.
Un voluntario que adica o seu tempo a nenos orfos colabora coa construción do Reino de Deus.

E agora a pregunta:

Conocedes alguén que traballe a favor do Reino de Deus? Cómo podes contribuir ti?


Saúdos.

sábado, 13 de abril de 2019

Unha audiencia co Papa Francisco.

Ola de novo. 

Por se non o sabíades, tras unha longa guerra civil o ano 2011 Sudán do Sur, de maioría cristiá, independizouse do réxime musulmán de Sudán, convertíndose nun dos países máis novos do mundo.

Con todo isto non valeu para frear a violencia entre clans cristiáns sudaneses. Intentando abrir un camiño para a paz o Papa Francisco invitou a falar no Vaticano a líderes políticos e eclesiásticos sudaneses, para un retiro espiritual enfocado a manter o armisticio declarado entre as partes. Ao rematar a reunión o Santo Pai, que ten xa 83 anos e como vedes non camiña nin se inclina demasiado ben, tirouse ao chan para bicar os pes dos representantes sudaneses, pedíndolles un esforzo no proceso de paz.


Podedes velo tamén nesta nova do diario La Vanguardia

Comentarémolo no Catecismo. 

Saúdos. 

O estilo de vida de Xesús.

Ola outra vez. 

Quixera que lérades un momento a páxina 56. É sobre o estilo de vida de Xesús.

Unha vez que o teñades lido, vos pido que respondades no papeliño á seguinte pregunta:

Decepcionou Xesús aos seus? 

Saúdos. 

sábado, 6 de abril de 2019

Non vou mañá, día 7 de abril.

Ola a todos. 

Só escribía para recordarvos que mañá 7 de abril non vou estar no catecismo.

Conto de poñervos estes días algo máis para o próximo domingo.

Iso si, hai que ir a misa igual.

Saúdos.