sábado, 18 de maio de 2019

A construción do Reino de Deus.


Ola de novo. Desculpade polo atraso.

Hoxe quería falarvos do Reino de Deus. Témolo no libro a partir da páxina 68 do libro. Consiste na “boa nova”, na noticia que Xesús da do Reino de Deus.


Evidentemente o mundo é un lugar complicado, duro, inxusto e mesmo cruel. No “Padrenuestro” decimos “fágase a túa vontade así na Terra como no Ceo”. Dende logo que non é vontade de Deus que as cousas vaian mal na Terra, que haxa inxustiza ou crueldade.

Fagamos un pequeno resumo do que di o libro:

Poderíamos resumir que o Reino de Deus é a nova orde moral e social que Xesús ven instaurar na humanidade. O que Xesús pretende é renovar o home e a Creación.

O Reino de Deus consiste en entender que Deus é o noso Pai, que somos familia e que debemos tratarnos coma irmáns. A Terra enteira pasa ser a casa de todos, polo que debemos ter relacións xustas, libres e pacíficas entre os diferentes pobos, e por suposto a Terra debe ser coidada con criterios ecoloxistas. Con isto temos que camiñar cara unha vida en plenitude.

Este reino comezou propiamente coa predicación de Xesús. Deus levará este reino á súa plenitude ao final dos tempos.

Como vedes na páxina 70, hai diferentes xeitos de construción do reino de Deus:
Descubrir unha vacina que evite epidemias é colaborar coa construción do Reino de Deus.
Unha ONG que salve vidas de náufragos no Mediterráneo colabora coa construción do Reino de Deus.
Un voluntario que adica o seu tempo a nenos orfos colabora coa construción do Reino de Deus.

E agora a pregunta:

Conocedes alguén que traballe a favor do Reino de Deus? Cómo podes contribuir ti?


Saúdos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario