domingo, 6 de maio de 2018

Historias tristes sobre as drogas.


Xa vos falara das drogas e de cómo chegaron dinamitar a xuventude en zonas como o País Vasco. 

Un grupo de rock que me gustaba moito era Eskorbuto, de Santurce. Formábano Iosu Expósito (guitarra e voz), Jualma Suárez (baixo e voz) e Pako León (batería). 

No video que vos adxunto aparece Iosu falando da adicción á heroína e de cómo era ese ambiente, desaconsellando á xente o seu consumo. No video podedes ver que está en malas condicións, pero chegou a estar moito peor, a xente de Santurce lémbrao en bicicleta e vestindo chándal, vendendo calquera cousa que poidera ter o máis mínimo valor para intentar conseguir uns poucos cartos para droga. 



Iosu conseguiu deixar a heroína, pero para aquela xa estaba moi enfermo e faleceu en maio do 92. Cinco meses máis tarde morreu tamén Jualma por unha doencia cardíaca provocada polo consumo de drogas. Pako, o batería, abandonou a música pero a veces xúntase con outros artistas vascos para concertos de homenaxe aos seus compañeiros. 

Cicatriz foi tamén unha band punk de Vitoria, considerada un dos mellores grupos do seu xénero. Todos os seus membros faleceron antes de 1996, por sobredosis ou por enfermedades asociadas ao consumo de drogas. 



Nacha Pop foi un grupo madrileño que obtivo os primeiros grandes éxitos do pop cantado en castelán, entre eles unha canción considerada a mellor de toda a música pop española, todo un clásico, "Chica de ayer". 



O seu cantante e compositor Antonio Vega tivo unha prolífica carreira musical mesmo tras abandonar Nacha Pop, pero a súa traxectoria sempre estivo asociada ao consumo de heroína. Aquí podedes velo nunha foto de finais dos 70. 



Antonio faleceu en 2009 tras décadas de adicción, convertido nunha sombra do que foi. 



Vos aconsello que non consumades drogas. E, moi importante, desconfiade de inmediato de quen vos ofreza probalas.

Feliz semana.


Ningún comentario:

Publicar un comentario