Vos adxunto un video cunha longa conferencia do Dr. Ricardo Castañón. O Dr. Castañón era ateo pero en torno aos 45 anos sufreu unha conversión debido a un presunto miragre eucarístico.
Esta entrada é voluntaria, pero pode estar ben de ver.
Ben, outra temporada na que remata o Catecismo. Gracias por atender, aínda
que tampouco atendéstedes tanto, creo eu 😊
Para despedirme, simplemente facervos o acordo de que María aparécese en
Medjugorje.
Nestes últimos anos estase a producir un movemento Mariano moi importante,
sendo Medjugorje, pola súa continuidade e polas súas mensaxes o centro de
apariciónsmáis imporante na actualidade.
Tamén é certo que hai outros como Anguera, e relativamente hai pouco houbo máis
como Kibeho ou Akita. Podedes procurar información sobre eles en Internet.
Como resumo do que é Medjugorje, hai unhas conferencias moi boas de Jesús
García, póñovos esta porque fai unha historia sucinta do que alí sucede.
As novas tecnoloxías están presentes nisto, así que tendes unha canle de
Youtube na que se publican contidos sobre as mensaxes das aparicións, o evanxeo,
e cómo vivir de xeito católico. Chámase Reina de la Paz TV.
Se mirades nas listas de reprodución atoparedes diferentes contidos: hai
programas agrupados baixo o título Según tu palabra, dirixidos polo P. David,
nos que se analizan os evanxeos do día. En Conversando con Dios, o P. David pon
unha oración para cada día.
En Escuela de Amor Aránzazu fala de cómo debe ser a oración e cómo debe
comportarse un católico. Nos comentarios das mensaxes, (lémbrovos que esas mensaxes seguen a darse día a día) Aránzazu e Carlos fan unha
análise persoal das mensaxes recibidas, e o P. David contextualiza esas mesmas
mensaxes no seu entorno bíblico.
Sabedes que existen 10 secretos que serán revelados polos videntes pouco
antes que vaian a ocorrir? Algo que nunca antes sucedeu na historia escrita da humanidade. O P. David fala aquí deses secretos, pero en realidade, como insisten na canle de Reina de la Paz, os secretos non importan, o que importa son as mensaxes públicas, que son as
que hai que vivir.
Xa para rematar, indicar que todo o que comentamos aquí, como din os
divulgadores e o P. David, é a nosa opinión persoal, sempre supeditada ao xuízo
da Igrexa.
Como veredes, hoxe non vos poño un video de conversos.
Xa que estamos a falar de Pentecostés cabe interesarse polos efectos do Espíritu Santo. Non podes dar testemuña de Xesús nin ser o seu discípulo sen o auxilio do Espíritu Santo. Hoxe en día, na nosa sociedade, pode ser incómodo falar de crencias, cando o mundo parece ter deixado de carón a espiritualidade católica.
Pero hay moitos sitios deste mundo, e nos últimos anos cada vez máis, onde significarte como seguidor de Xesús pode significar a túa morte inmediata. Hai xa once anos, o P. Ragheed Ganni foi asasinado por extremistas islámicos no Iraq. A súa historia é a que segue.
Outro sacerdote iraquí é o P. Benham Benoka, que debeu fuxir en compaña de moitos católicos de Mosul cando comprendeu que a cidade ía ser capturada polo ISIS. O que denuncia é que os cristiáns iraquís foron sometidos a unha operación de expulsión e de exterminio que eliminou a minoría cristiana do Iraq ante a pasividade de todos os organismos internacionais.
Sor Guadalupe Rodrigo é unha hirmá arxentina do Instituto do Verbo Encarnado. Tras anos de formación parteu como misionera a Orente Medio. Sor Guadalupe tiña algús problemas de saúde tras o seu apostolado, e buscando un lugar de descanso pediu ser trasladada a Alepo, Siria, apenas uns meses antes que estoupara a guerra. A súa historia dende aquela é toda unha película, ao igual que a historia de Siria nestes últimos anos.
Pero non temos que irnos tampouco lonxe para atopar problemas de persecución. O 26 de xullo de 2016 o P. Jacques (Santiago) Hamel foi decapitado na súa propia igrexa e mentres oficiaba a misa na súa parroquia de St Étienne du Rovray. Xa foi considerado mártir polo Papa Francisco e inicouse o seu proceso de beatificación, como indica esta nova.
Sei que varios de vós non pensades que exista o demo. Ben, lamento decirvos que mesmo é palpable un pensamento demoníaco.
Hai anos era impensable que no corazón de Europa poidera estoupar unha brutal guerra civil de carácter étnico, pero tal guerra estoupou e destruiu por completo o extinto país de Iugoslavia.
Hai anos ninguén podía supoñer que Siria poidera afogarse nunha espantosa guerra civil de carácter fundamentalista e relixioso.
Hai menos anos a ninguén se lle pasaba pola cabeza que sacerdotes católicos poideran ser decapitados na mesma igrexa na que oficiaban misa.
Como decía Xesús, estade alerta. Semella que vivimos tempos interesantes.
O pasado domingo 13 de maio, que non vin por culpa do da pelota de Baio, celebrouse a ascensión aos ceos de Xesús. Por certo, que este domingo a Ascensión coincidía co 101 aniversario das aparicións de Fátima.
A Ascensión sucede tras un período de 40 días tras a Resurrección, no que Xesús segue a aparecerse aos seus discípulos (se ben cun corpo distinto, como xa viramos) se ben non engade moito máis á doctrina que predicara, máis ben fai como unha confirmación de todo o que antes dixera, recalcando aos discípulos a importancia da fe. E, moi importante, fai a promesa dun consolador: retomamos o capítulo 24 de San Lucas.
36Estando eles comentando estas cousas, presentóuselles
Xesús no medio e díxolles:
‑¡A paz sexa convosco!
37Sobresaltados e cheos de medo, coidaban contemplar un
espírito. 38Pero el díxolles:
‑¿Por que estades asustados, e a que veñen esas dúbidas?
39Mirade para as miñas mans e para os meus pés: sonvos eu. Palpade aquí e
decatádevos de que un espírito non ten carne nin ósos, como vedes que teño eu.
40E dicindo isto, mostroulles as mans e mais os pés. 41Pero
eles, tolos de contento e sen saíren do seu asombro, non acababan de crer.
Xesús preguntoulles:
‑¿Tedes por aí algo que comer?
42Déronlle un anaco de peixe asado. 43El colleuno e comeuno
diante deles. 44Logo díxolles:
‑A isto referíame eu cando, estando aínda convosco, vos
dicía que conviña que se cumprise todo o que está escrito na Lei de Moisés, nos
Profetas e mais nos Salmos acerca de min.
45E abriu os seus entendementos para que comprendesen as
Escrituras. 46E engadiu:
‑Así está escrito: o Mesías padecerá e resucitará de entre
os mortos no terceiro día, 47e predicarase no seu nome a conversión e mais o
perdón dos pecados a todos os pobos, empezando por Xerusalén. 48Vós seredes
testemuñas de todo isto. 49E eu heivos mandar o don prometido por meu Pai.
Mentres tanto seguide na cidade, ata que se vos revista co poder que vén de
arriba.Así, Xesús pasa todavía 40 días na Terra ata que se despide, ascendendo aos ceos nunha paraxe cerca de Betania, ante os seus discípulos, que regresan a Xerusalén.
Os discípulos permanecen reunidos e en oración ata o día de Pentecostés, na mesma sala na que Xesús instaurara a Eucaristía o día da Cea. É o día da festa das colleitas ou das primicias. O seguinte video relata o sucedido.
En realidade o interesante é o que ocorre de seguido: o grupo de Xesús estaba composto por xente con poucas cualidades de carisma ou de intelectualidade, comprensiblemente asustados e agochados tras ter visto a execución cruel do seu líder. A partir deste momento pasan a ser un grupo de verdadeiros apóstoles, que predicarán a palabra de Xesús e afrontarán sen medo toda clase de penalidades, incluíndo o martirio. Do que ocorreu daquela tendes de seguido unha película completa por se a queredes ver, se ben son tres horas e algo.
E agora a pregunta para que me traiades: Cáles son os 7 dons do Espíritu Santo?
Xa vos falara das drogas e de cómo chegaron dinamitar a xuventude en zonas como o País Vasco.
Un grupo de rock que me gustaba moito era Eskorbuto, de Santurce. Formábano Iosu Expósito (guitarra e voz), Jualma Suárez (baixo e voz) e Pako León (batería). No video que vos adxunto aparece Iosu falando da adicción á heroína e de cómo era ese ambiente, desaconsellando á xente o seu consumo. No video podedes ver que está en malas condicións, pero chegou a estar moito peor, a xente de Santurce lémbrao en bicicleta e vestindo chándal, vendendo calquera cousa que poidera ter o máis mínimo valor para intentar conseguir uns poucos cartos para droga.
Iosu conseguiu deixar a heroína, pero para aquela xa estaba moi enfermo e faleceu en maio do 92. Cinco meses máis tarde morreu tamén Jualma por unha doencia cardíaca provocada polo consumo de drogas. Pako, o batería, abandonou a música pero a veces xúntase con outros artistas vascos para concertos de homenaxe aos seus compañeiros. Cicatriz foi tamén unha band punk de Vitoria, considerada un dos mellores grupos do seu xénero. Todos os seus membros faleceron antes de 1996, por sobredosis ou por enfermedades asociadas ao consumo de drogas.
Nacha Pop foi un grupo madrileño que obtivo os primeiros grandes éxitos do pop cantado en castelán, entre eles unha canción considerada a mellor de toda a música pop española, todo un clásico, "Chica de ayer".
O seu cantante e compositor Antonio Vega tivo unha prolífica carreira musical mesmo tras abandonar Nacha Pop, pero a súa traxectoria sempre estivo asociada ao consumo de heroína. Aquí podedes velo nunha foto de finais dos 70.
Antonio faleceu en 2009 tras décadas de adicción, convertido nunha sombra do que foi.
Vos aconsello que non consumades drogas. E, moi importante, desconfiade de inmediato de quen vos ofreza probalas.