Como vimos na entrada anterior sobre relixións, no mundo existen tres
relixións consideradas “reveladas” ou “de libro”. Son a xudea, a cristiana e a
islámica.
A xudea ten como libro revelado os que conocemos como “Antigo Testamento”,
conocida polos xudeos como Torah, e o Talmud, unha serie de comentarios
rabínicos. Lembrade que a relixión xudea ten a mesma orixe que a cristiana, se
ben os xudeos non recoñeceron a Xesús como fillo de Deus.
A cristiá engádelle á Torah os libros escritos por varios dos apóstolos que
acompañaron a Xesús e que describen a súa vida e evanxelización, xunto con
cartas e historias dos apóstolos tras a partida de Xesús.
O Islam ten orixe no século VII, baséase no Corán e nas ensinanzas de
Mahoma, quen dende logo lera tanto a Torah como a Biblia cristiana. O Islam
considérase a si mesmo como un perfeccionamento do cristianismo, e presenta a
Xesús como o último gran profeta antes de Mahoma, se ben non admite a súa
divinidade.
Persoalmente invitaríavos a ler a Biblia, se ben tamén vos advirto que é un
libro que debe lerse con coidado e evitando a interpretación literal. Nos
derradeiros tempos xordiron en Estados Unidos multitude de Igrexas protestantes
que afirman que o mundo non ten máis de 6.000 anos de idade e negan as teorías
científicas máis probadas como as da evolución (incluso pretenden vetalas nas
escolas), é o denominado “creacionismo”.
Cando les a Biblia tes que observar diferentes estilos e diferentes autores
que escriben con distintos enfoques. Por outra parte é típico que empreguen
expresións do momento, que empreguen regras mnemotécnicas como a repetición,
que poden facer a lectura pesada, e tampouco podemos obviar que son textos
traducidos, polo que algunhas expresións poden perderse ou variar o seu senso
orixinal ao traducirse. Con todo, hai que ter en conta que a Biblia non fala á
razón senon ao sentimento. Resulta en todo caso recomendable ler unha edición
comentada e fixarse nos comentarios dos textos.
Acerca de cómo ler a Biblia, xa que os cristianos compartimos o Antigo
Testamento cos xudeos, quería que vírades o seguinte video. Nel veremos un
comentario efectuado polo rabí Menachem Mendel Schnersson (1902-1994), coñecido
como “o Rebe de Lubavitch”, pertenecente á corrente hasídica (podería
traducirse como “conservadora”) do xudaísmo actual. Moitas persoas de fe xudea
dirixíanse a él en busca de consello, e tras a súa morte segue a ser considerado
no xudaísmo como un grande sabio ao que aínda se lle piden orientación e
intercesión nas alturas. No video ofrécenos unha regra de lectura e
interpretación da Torah aplicable á vida diaria, o Al tikrí. Podería definirse
como ler un texto aplicando varios puntos de vista para determinar o
correcto.
Se
cadra agora poderíamos ler o que di a Biblia con respecto á Creación. Vos
transcribo logo o capítulo I do libro do Xénese. Ledeo por enriba, sen pararvos
moito.
1No
principio creou Deus o ceo e a terra.
2A
terra era unha masa informe e baldeira, as tebras cubrían o abismo e un vento
poderoso axitaba as augas.
3Mandou
Deus que houbese luz, e houbo luz.
4Viu
Deus que a luz era cousa boa e arredouna das tebras.
5A luz
chamouna día e ás tebras chamounas noite. E con iso completouse o primeiro día
da semana.
6Quixo
Deus que houbese un espazo para arredar as augas das augas.
7E fixo
un espazo, que arredaba as augas de enriba das de embaixo.
8O
espazo rematado Deus chamouno ceo. E completouse o segundo día.
9Mandou
Deus que se xuntasen as augas de embaixo nun lugar e que aparecese o chan
enxoito. E así foi.
10O
chan enxoito chamouno terra e ás augas xuntas, mares. E viu que estaba ben.
11Mandou
Deus que a terra xermolase herba verde, plantas coa súa semente e árbores que
desen froitos, cada unha coa súa semente, conforme á súa especie. E así foi.
12A
terra xermolou herba verde, plantas coa súa semente, árbores que daban froito,
cada unha coa súa semente. E viu Deus que estaba ben.
13E
completouse o terceiro día.
14Mandou
Deus que houbese luces no espazo para distinguir o día da noite, para dar sinal
das festas, das estacións e dos anos,
15e
para que, brillando no espazo, alumasen a terra. E así foi.
16Deus
fixo dúas luminarias, a grande que rexe o día, a pequena que rexe a noite, e
tamén as estrelas.
17Púxoas
no espazo, para alumar a terra,
18para
rexer o día e a noite e para distinguir a luz das tebras. E viu que estaba ben.
19E
completouse o cuarto día.
20Quixo
Deus que as augas fosen un fervedoiro de peixes e o espazo entre o ceo e a
terra un voar de paxaros.
21E
creou os monstros mariños, os moitos xéneros de peixes que referven nas augas e
todas as sortes de paxaros. E parecéronlle ben.
22E
bendiciunos deste xeito: Reproducídevos, crecede, enchede as augas do mar e que
os paxaros medren na terra.
23E
completouse o quinto día.
24Mandou
Deus que a terra producise as varias especies de animais, os domésticos, os
réptiles e as feras salvaxes. E así foi.
25Deus
fixo as varias especies de feras salvaxes, animais domésticos, réptiles, e
parecéronlle ben.
26Despois
dixo Deus: ‑"Fagamos o home á nosa imaxe e á nosa semellanza, e que mande
nos peixes do mar, nos paxaros do ceo, nos animais domésticos e nos réptiles
todos da terra".
27E
creou Deus o home á súa imaxe, creouno á imaxe de Deus, creouno varón e femia.
28E
bendiciunos así: ‑"Reproducídevos, crecede, enchede a terra e sometédea.
Mandade nos peixes do mar, nos paxaros do ceo e nos réptiles todos da
terra".
29E
díxolles aínda: ‑"Aí vos dou as herbas todas que hai na terra, coa súa
propia semente, e todas as árbores que dan froito coa súa propia semente:
serviranvos para a mantenza".
30As
feras todas do monte, ós paxaros do ceo e ós réptiles que viven na terra
doulles a herba para a mantenza". E fíxose así.
31Viu
Deus canto fixera e era de verdade moi bo. E completouse o sexto día.
Pregunta voluntaria: aplicando o principio de Al tikrí
(non leas só deste xeito, lé tamén deste outro) visto no video anterior, cómo
poderíamos entender esta pasaxe?
Por outra parte é innegable que a Biblia ten grande influenza na nosa
historia e cultura. Sabedes que o libro do Éxodo recolle a historia de como os
israelitas, guiados por Yahvéh e conducidos por Moisés, abandonaron a
escravitude á que lle sometían os exipcios e percorreron o deserto ata chegar á
terra prometida. Aquí tedes o trailer da derradeira película sobre esta
historia.
E aquí a pregunta obrigatoria: credes que o libro do Éxodo relata un feito histórico?
Deica o
domingo que ven.