Quédome en Ourense, que foime pillar o temporal completo.
Así, quedan para o domingo que ven as últimas dúas entradas.
Por outra parte, se non vístedes o anuncio, a misa de mañá domingo será en Baio Pequeno, xa que o templo novo tivo desperfectos debido ao temporal.
Feliz semana.
sábado, 10 de marzo de 2018
domingo, 4 de marzo de 2018
O evanxeo, ou a mensaxe da boa nova do Reino de Deus.
Xa unhas
décadas antes do nacemento de Xesús, Palestina vivía nunha situación de espera
da intervención de Deus, da chegada do Mesías.
Foi un
tempo no que se suscitaron varios movementos relixiosos. Como xa comentáramos,
Xesús dirixiuse ao de San Xoán Bautista, que anunciaba a chegada do xuízo de
Deus e impartía o bautismo como signo de arrepentimento e conversión, sendo o
propio Xesús bautizado.
O evanxeo
de Xoán describe que Xesús estivo no grupo de Xoán, ata que chegado un intre
toma o seu propio camiño, posiblemente tras descubrir un novo xeito de valorar
o intre histórico e a actuación de Deus.
No capítulo
XIII de Mateo, Xesús fala en diferentes versículos do Reino.
31E contoulles outra parábola:
‑O Reino dos Ceos é semellante a un gran
de mostaza que un home sementou na súa horta. 32A mostaza vén sendo a máis
pequerrecha de todas as sementes; pero cando medra chega a ser meirande ca
todas as hortalizas, converténdose nunha árbore; de tal xeito, que mesmo os
paxaros veñen facer o niño nas súas pólas.
33Díxolles outra parábola:
‑O Reino dos Ceos é semellante ó fermento
que unha muller amasou en tres medidas de fariña ata que todo levedou.
34Todo isto lle falou Xesús en parábolas á
xente, e nada lle falaba que non fose por medio de parábolas. 35De xeito que se
cumprise o que dixera o profeta:
Abrirei a miña boca para dicir parábolas,
proclamarei cousas escondidas desde que o mundo é mundo.
44O Reino dos Ceos é semellante a un
tesouro agachado nunha leira: o home que o atopou vólveo a agachar; e, cheo de
alegría, vai vender canto ten para mercar aquela leira.
45Tamén se parece o Reino dos Ceos a un
tratante de perlas finas:
46en atopando unha de grande valor, foi vender canto
tiña e mercouna.
Máis que
centrarse na inminencia do xuízo de Deus, como facía Xoán, Xesús proclama a
chegada do Reino de Deus como "gracia" e "boa nova"
("evanxeo", en grego). Se ben continúa coa compoñente de xuízo, a boa
nova incide na graza, e na salvación ofrecida a todos sen excepción. Reclámase
a "metanoia", traducible como "penitencia", pero tamén como
"cambio de mentalidade".
A chegada do Reino de Deus convírtese logo nun elemento clave da predicación de Xesús.
Qué pensades vós que é o Reino de Deus?
Feliz semana.
Conversos VIII: Jesús García e o descubrimento de Magdala.
Esta é a entrada voluntaria.
Jesús García é outro converso que sufreu unha transformación nunha viaxe a Medjugorje que fóra cubrir como xornalista.
Dende aquela ten escrito varios libros de corte relixioso.
Tamén ten colaborado co sacerdote mexicano Juan Solana. Este sacerdote comprara uns terreos en Israel, en Terra Santa, e cando empezou a excavación do solar produceuse un descubrimento sorprendente. Vos invito a que o vexades, describe no vídeo todo o sucedido.
Tamén ten colaborado co sacerdote mexicano Juan Solana. Este sacerdote comprara uns terreos en Israel, en Terra Santa, e cando empezou a excavación do solar produceuse un descubrimento sorprendente. Vos invito a que o vexades, describe no vídeo todo o sucedido.
Feliz semana.
domingo, 25 de febreiro de 2018
Xesús de Nazaret.
Deixamos
definitivamente o Antigo Testamento para entrar no Novo.
A parte do
Novo Testamento correspóndese case por completo coa predicación e os feitos de
Xesús, se ben tamén incorpora os feitos e prédicas dos apóstolos tras a partida
de Xesús, cartas dirixidas polos apóstolos ás comunidades cristiás primitivas e
o libro do Apocalipse.
Soamente
vos faría unha pregunta: qué sabedes exactamente de
Xesús?
Pídovos que
reflexionedes un pouco na pregunta: pensástedes en cómo foi a súa infancia, en
qué tipo de sociedade e tempo viveu, con quén se xuntaba, a quén se enfrentou,
e o máis importante, o que intentaba decir e por qué medios o fixo?
Feliz
semana.
Conversos VII: Infinito +1.
Non sei se conocedes a Juan Manuel Cotelo. É un xornalista,distribuidor, produtor e director de películas madrileño (con ese apelido non sei se preguntarlle se os seus pais veñen de Bergantiños como un día mo presenten) que actualmente reside en Valencia.
No ano 2008 fundou a produtora e distribuidora Infinito+1. Con ela fixo a película "La última cima", sobre a vida do sacerdote madrileño Pablo Domínguez Prieto.
Poderíamos decir que Juan Manuel é outro converso. No seguinte video aporta a súa testemuña.
A película está estruturada como un documental con entrevistas a diferentes persoas que teñen algo en común, unha conversión radical e profunda, un cambio absoluto de vida. Se as semanas anteriores funvos poñendo videos de conversos, esta película sería como un festival da conversión: un empresario anticatólico que percorre países solicitando que se consagren aos corazóns de Xesús e María, un cirurxano abortista que abandona todo para abrir unha clínica para persoas sen recursos, unha cotizada bailarina de Las Vegas agora paralizada que te invita a ser agradecido con Xesús... todos contan historias insólitas de cambios radicais dos que non se arrepinten.
Con vós Juan Manuel Cotelo no papel de investigador, na película Tierra de María.
domingo, 18 de febreiro de 2018
Conversos VI: A historia de María Vallejo Nágera.
Agora vos deixo unha conferencia da escritora María Vallejo Nágera.
María Vallejo Nágera foi filla do psiquiatra Juan Antonio Vallejo Nágera. Na súa xuventude fóra modelo, casara cun enxeñeiro español que traballaba en Londres nas finanzas da City, e escribira algún libro. Dun xeito bastante sorprendente para ela mesma atopouse indo de viaxe a Medjugorje, onde unha iluminación do Espíritu Santo levouna a unha conversión tumbativa, ao estilo de San Pablo. Dende aquela modificou toda a súa vida e adícase a dar conferencias sobre a súa conversión e escribe libros de temática católica.
María Vallejo Nágera foi filla do psiquiatra Juan Antonio Vallejo Nágera. Na súa xuventude fóra modelo, casara cun enxeñeiro español que traballaba en Londres nas finanzas da City, e escribira algún libro. Dun xeito bastante sorprendente para ela mesma atopouse indo de viaxe a Medjugorje, onde unha iluminación do Espíritu Santo levouna a unha conversión tumbativa, ao estilo de San Pablo. Dende aquela modificou toda a súa vida e adícase a dar conferencias sobre a súa conversión e escribe libros de temática católica.
Saúdos.
O Novo Testamento ou Nova Alianza.
Aínda que o Antigo Testamento é bastante máis amplo
que o que temos visto ata agora, imos dar un salto sobre o resto dos seus libros para
colocarnos xa na vida de Xesús, o Novo Testamento. Hai unhas cantas
peculiaridades máis sobre estes libros.
Agora ben, se lemos uns textos dirixidos a persoas que viviron hai milenios en circunstancias históricas ben distintas, pode haber matices importantes que non poden pasarse por alto.
![]() |
San Xoan Evanxelista. |
O Novo Testamento foi escrito cara a segunda metade do Século I. Neste
momento xa comezaban a desaparecer os testigos directos da vida de Xesús, o que
seguramente motivou aos redactores a poñer por escrito as súas vivencias. Por
outra banda as comunidades cristiás eran aínda moi débiles e inseguras, polo
que a posesión de textos de referencia podería ter para elas inestimable valor.
No que atinxe aos seus valores vitais, estas persoas tiñan en alta estima a
honra, entendida ésta como a imaxe que os demáis teñen de cada un, as
diferenzas sociais eran tan tremendas como insalvables e existía unha grande
rivalidade entre o agro e a urbe, que vivían de xeitos completamente distintos.
Na Xudea do I século algunhas das cidades estaban moi influenciadas pola
cultura grega, e mantiñan incluso tendencias prorromanas, en grande
contradicción con Xerusalén, que sendo a capital do mundo hebreo era tamén o
centro do xudaísmo radical.
O Israel do Século I era un lugar cheo de tensión irresolubles, que
acabaron por estalar en varias guerras xudeorromanas a partir do 66 d.C.
![]() |
Asedio romano a Masada nos anos 72-73. |
Agora ben, se lemos uns textos dirixidos a persoas que viviron hai milenios en circunstancias históricas ben distintas, pode haber matices importantes que non poden pasarse por alto.
Dende este punto de vista teremos varios planos de lectura: o primeiro sería o noso, somos xentes do Século XXI que empregamos Internet. O segundo o do evanxelista que emprega pergaminos e diríxese a un público moi concreto. Finalmente estaría o plano de Xesús, orixe desas tradicións transmitidas e reelaboradas.
Con todo os párrafos anteriores casan bastante ben co escrito no Novo Testamento. É precisamente nese contexto de grandes tensións no que cobran máis vixencia as palabras e os feitos de Xesús, que terminan por adquirir grande senso relixioso, e tamén moral e social.
Sabemos de Xesús que viveu durante anos en Nazaret, e que parteu a unha busca relixiosa entroncada coas súas raíces xudeas que lle levou primeiro onde Xoán o Bautista, para independizarse del algún tempo despois. Xesús fala para diferentes públicos, sobre todo faino en parábolas, o que facilita a súa memorización e lle da un carácter moi plástico.
Con todo os párrafos anteriores casan bastante ben co escrito no Novo Testamento. É precisamente nese contexto de grandes tensións no que cobran máis vixencia as palabras e os feitos de Xesús, que terminan por adquirir grande senso relixioso, e tamén moral e social.
Sabemos de Xesús que viveu durante anos en Nazaret, e que parteu a unha busca relixiosa entroncada coas súas raíces xudeas que lle levou primeiro onde Xoán o Bautista, para independizarse del algún tempo despois. Xesús fala para diferentes públicos, sobre todo faino en parábolas, o que facilita a súa memorización e lle da un carácter moi plástico.
Pero aínda así sucede que os cando os evanxelistas escriben sobre él fano para un público ansioso,
pois eles, e se cadra Xesús tamén, estaban convencidos da inminencia da nova
chegada de Xesús e do reino de Deus. Logo, os evanxelistas comezan por
presentar algúns datos da vida de Xesús, pero ao propio tempo escreben para
comunidades distintas (hebreos, romanos, gregos, incluso galos) e intentan presentar
a Xesús dun xeito adecuado para o público ao que se dirixen. Francamente, a
veces penso que a min mesmo sucédeme algo semellante.
Mateo diríxese máis aos cristiáns que veñen do xudaísmo, presentando a
Xesús como o Mesías prometido co que se perfecciona a Nova Alianza. Marcos
diríxese aos cristiáns que veñen do paganismo, interésase polo carácter de
Mesías e Fillo de Deus, e céntrase máis nos feitos e no camiño da cruz. Lucas
ten máis preocupación pola datación e o método histórico. O de Xoán é un evanxelio
moi didáctico, filosófico e espiritual, preocupado ao tempo pola divinidade e a
humanidade de Xesús, con moitos discursos e a converxencia final no mandamento
do amor fraterno.
E agora a pregunta: qué libros compoñen o Novo Testamento?
E agora a pregunta: qué libros compoñen o Novo Testamento?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)