Ola a todos.
Como xa sabedes os que empezástedes o catecismo, este será o medio polo cal
vou poñerme en contacto con vós. Para cada día vouvos poñer un texto. Vos o
leredes e contestaredes a pregunta que vos faga (será unha pregunta moi clara
marcada en negrita para distinguila e situada ao final da entrada) nun papeliño que me traeredes á
catequese. Así controlarei que ledes o que vos pido e que asistides.
Non quero que escribades no blogue xa que sodes menores. Basta con que me traiades o papeliño cada domingo. Se algún domingo non podo acudir procurarei avisar por este mesmo blogue.
Acerca do que imos tratar, pois será un percorrido pola historia bíblica e polo significado da mesma para cada ser humano. Invítovos a que a vaiades lendo e percorrendo conmigo, e a que atopedes a clave desta historia. En realidade parécese un pouco á busca dun tesouro.
Pode ser que algún de vós pense que o que imos tratar non é significativo, que non ten nada que ver co mundo real. A miña pregunta en tal caso sería, qué é o mundo real?
Gustábame moito de rapaz facer deportes de contacto coa Natureza. Por se non o sabíades a Natureza pode chegar a ser extremadamente cruel. Se non coñecedes as avespas do xénero Pompilidae, ler sobre elas e o que lle fan ás súas presas é bastante desasosegante.
Os homes non vivimos en plena Natureza, senon en sociedades. Ben, o
primeiro valor que ten esta sociedade é ese tan famoso de "tanto tés,
tanto vales". Posiblemente notedes unha grande diferenza coa valoración
que tes na familia, xa que na familia es valorado por quén es e non polo que
tes. Cando saiades ao mundo veredes que, efectivamente, moita xente é valorada
polo que ten. Quere eso decir que ese xuízo sexa correcto? Acaso non sodes
ninguén se non triunfades?
Cando vaiades medrando veredes que moitas cousas que agora valorades irán
quedando no camiño: amizades, lealdades que mantendes dende pequenos, xente á
que admirábades... serán capaces de traizoar a vosa boa fe e aproveitarse de
vós en beneficio propio. Cando tal cousa vos suceda, non desesperedes nin
fagades un drama, sucedeulle a case todo o mundo. Madurar tamén significa tomar
con calma eses tragos amargos.
A medida que pase o tempo iredes atopando novos desafíos: licores
presuntamente saludables, propaganda de tabaco, drogas que posiblemente alguén
vos invite a consumir para que sexades máis homes ou máis mulleres. Son
señuelos cos que seguramente seredes tentados, pero son señuelos que poden dar
moita dor se lles metedes un bocado.
Se vedes as televisións ou a prensa estes días extranos, parecerá en ocasións ter chegado de novo a tempos escuros e medievais. Veredes a xente reclamando morte e destrución para dar gloria ao seu deus. Non lles fagades caso. Nin siquera lles interesa a relixión, os que fan esas atrocidades non o fan por relixión, fanno por ter cartos, armas e escravos.
![]() |
Din que pelexan por Deus. Tende por certo que Deus pediralles conta dos seus actos. |
Posiblemente vexades ridiculizada
á relixión, aos seus sacerdotes, á idea mesma de ser crente. Paradoxalmente, as
mesmas persoas ou medios que fan tales declaracións acostumbran a publicar
entrevistas e textos de presuntos espiritualistas, xentes de cultura xeralmente
pobre que soltan anaquiños de "sabiduría" (moitas veces buscadas
presuntamente en Oriente e outros destiños exóticos) que non serven
absolutamente para nada nin teñen valor espiritual ningún. Entre estes
excéntricos os máis destacados serían Paulo Coelho e Alejandro Jodorowsky,
magníficos vendedores de crecepelos.
Ben, teño unha nova para vós: da igual o que a sociedade pense de vós, da igual se non sodes ricos nen saídes no Marca, da igual con quén andedes ou as dificultades que atopedes no voso camiño, sodes seres extraordinarios que un día veredes o infinito cos vosos propios ollos, e será o máis grandioso que teredes visto nunca. En realidade vivides non en Matrix, pero si nunha Matrix, nun programa complexo pero extremadamente débil, que case sempre odia a quenes rexeitan os seus principios, porque, consciente da súa fraxilidade, ten medo deles.
Eso non quere decir que teñades que renunciar á vida, pero si que podedes ser capitáns do voso destiño e non facer o que os demáis pretendan impoñervos. Podedes ser libres, e iso nunha sociedade como esta pode ter un alto prezo, pero se alguén manda sobre vós será porque vós llo permitides. Vivir seguindo as recomendacións que iremos vendo pode ser un camiño extremadamente duro, pero non é menos duro seguir ese camiño pola túa conta (tede por suposto que os máis grandes criminales choran sen excepción a primeira noite que pasan na cadea e que sufren polos seus delitos), e que aparte se segues as recomendacións que ti mesmo poderás encontrar na doctrina poderás atopar insólitos aliados.
![]() |
Conócevos a todos polo voso nome. Por qué no probades a entregarlle os vosos problemas? |
Ben, iremos vendo cómo Deus
encargouse de ir reparando a senda do home dende o momento da súa caída, e de
cómo se foi imbricando nunha historia humana, que, contrariamente á crencia
xeral, non é allea a Deus. Non podo decirvos as cousas que tendes que facer nin
as decisións que tedes que tomar, pero si que vos podo ofrecer algunha
mediciña. Tomala ou non, como na película, depende de vós.
Así pois, fágovos unha pregunta:
Sodes cristiáns? E, se sodes cristiáns, por qué sodes cristiáns?
Ningún comentario:
Publicar un comentario