A estas alturas xa debérades saber que existen varias relixións, se cadra
moitas.
O feito de profesar unha relixión é un fenómeno común ao xénero humano. Do
mesmo xeito que todas as culturas adoptan unha lingua, unha organización social
determinada e un código de comportamento, todos os pobos históricos sen
excepción adoptaron un código relixioso. Vexamos algúns destes códigos.
Xudaísmo: relixión monoteísta fundada por Abram. Segue un texto sagrado
revelado antiquísimo chamado a Torah, e unha serie de comentarios rabínicos
denominado Talmud, escritos en torno ao século II. A Torah consiste nos
primeiros libros da Biblia, que comparte co cristianismo. A principal diferenza
entre xudeus e cristiáns consiste en que os primeiros non recoñecen a Cristo
como fillo de Deus e salvador. Ao respecto son chamativas as palabras de Xoán
5:43 “Eu veño no nome do meu Pai e non me recibides; se outro vén no seu propio
nome, a ese habedes de recibilo.”
Cristianismo: os xudeus non recoñeceron a Xesús, pero quenes si o fixeron
(entre eles moitos xudeus da época) foron xa coñecidos como cristiáns. O
cristianismo comparte como libro sagrado a Torah xudía (coñecida agora como
Antigo Testamento), e un segundo bloque formado polos evanxeos dalgún dos
apóstoles de Xesús, os feitos do seu apostolado e cartas dos apóstolos xunto do
libro da Apocalipse, que conforman o Novo Testamento. No xudaísmo hai
diferentes correntes e no cristianismo tamén, fundamentalmente a rama
protestante, subdividida en multitude de igrexas.
Islam: considerase a si mesma esta relixión como unha perfección do
cristianismo. Ten como libro sagrado o Corán, en principio tamén oral e posto
por escrito polos sucesores de Mahoma en torno ao século VII. O seu Deus é o
mesmo que o de xudeus e cristiáns, pero non recoñece a Cristo senon como
profeta (o último previo a Mahoma), e nega a súa divinidade, a súa morte e
dende logo a súa resurrección.
Hinduísmo: esta relixión non foi fundada por ninguén. Posúe varios textos
sagrados e é politeísta, contando con varios millóns de deuses. Non cre en ceo
nin en inferno, senon nun proceso denominado karma, que vai sometendo ao home a
diferentes probas ao longo de multitude de reencarnacións (sucesivos nacementos
da mesma alma en diferentes corpos e incluso animais) nos que a alma enfróntase
ao mal que ela mesma ten creado, e que non se deteñen ata que a alma acada unha
vida completamente libre de egoísmos e fallos, intre no que rompe a roda das
sucesivas reencarnacións.
Budismo: Esta relixión coñece un auxe novo. Non fala exactamente dun deus,
polo que debíamos entendela como unha relixión non teísta. Basease nas
ensinanzas de Siddharta Gautama, tamén coñecido como Buda. Comparte as ideas de
reencarnación e karma co hinduísmo. Foi bastante promocionada últimamente ao
ser abrazada por varios famosos, fundamentalmente estrelas de Hollywood.
Contestade polo menos a dúas das preguntas que poño de seguido:
Qué diferenzas atopades entre as relixións vistas ata
agora? Coñecedes xentes que profesen algunha relixión distinta da católica? Se
é así, cómo pensades que viven a relixión? Vós mesmos, se poiderades escoller,
teríades escollido ter nacido baixo outra relixión ou seguiriades a ser
católicos? Credes que unha relixión explica o Universo, a vida ou a túa
presenza neste mundo?
Ningún comentario:
Publicar un comentario