domingo, 14 de xaneiro de 2018

A Alianza continúa: a historia de Abram.


Continuamos co tema da Alianza, e agora coa seguinte ocasión en que a vemos nos textos bíblicos: a Alianza con Abram. Aparece no capítulo XV do Xénese: Abram era moi maior, non tivera descendencia e ía morrer sen fillos. 




1Despois disto Abram oíu en visión palabra do Señor: ‑"Non teñas medo, Abram. Eu son para ti un escudo. O teu pago será moi grande".
2Abram preguntou: ‑"Señor e dono meu, ¿que me darás, se vou morrer sen fillos, e o damasceno Eliézer será o meu herdeiro?" 3E insistiu: ‑"Mira que non me deches descendencia e que un criado da casa será o meu herdeiro".
4O Señor respondeulle: ‑"Non será ese o teu herdeiro. Será un fillo teu". 5Logo levouno fóra e prometeulle: ‑"Olla cara ó ceo e conta as estrelas, se é que podes. Así terás de descendentes". 6Abram creu ó Señor, que llo tivo en conta para a xustificación.
7Despois díxolle o Señor: ‑"Eu son o Señor, que te sacou de Ur dos Caldeos, para che dar en herdo esta terra".
8Abram preguntou: ‑"Señor e dono meu, ¿como saberei que será miña?"
9O Señor respondeu: ‑"Tráeme unha becerra, unha cabra e un carneiro, todos eles de tres anos, e mais unha rula e unha pomba".
10Abram trouxo todo, partiu os animais polo medio e puxo unha metade fronte á outra; pero as aves non as partiu. 11Os voitres descendían á carnada, e Abram espantábaos. 12Cando o sol estaba para se pór, apoderouse de Abram un sono profundo e invadiuno unha escura ansiedade.
13Entón díxolle o Señor: ‑"Saberás que os teus descendentes terán que estar coma forasteiros nunha terra allea, e que os escravizarán e os oprimirán por catrocentos anos. 14Pero has de saber tamén que eu castigarei ó pobo que os escravice, e despois eles sairán con moitos bens. 15Ti irás xuntarte en paz con teus pais; serás enterrado ó cabo dunha boa vellez. 16Despois de catro xeracións volverán eles aquí, pois aínda non chegou ó seu cúmulo a maldade dos amorreos".
17Cando se puxo o sol e se fixo noite pecha, Abram viu pasar entre os membros dos animais tallados un fume coma de forno e un facho de lume. 18Aquel día fixo o Señor con Abram esta alianza: ‑"Os teus descendentes dareilles esta terra, desde o torrente de Exipto ata o gran río Éufrates, 19as terras dos Quenitas, dos Quenizitas, dos Cadmoneos, 20dos Hititas, dos Perizitas, dos Refaítas, 21dos Amorreos, dos Cananeos, dos Guigarxitas e dos Iebuseos".

Polo que temos lido esta vez a Alianza ten unha característica que logo veremos repetida: a conmemoración da Alianza cunha víctima sacrificial. Polo común aprovéitase o sangue da vítima. A vítima tamén é partida en dous, e os que aceptan a Alianza pasan polo medio dos anacos da vítima, como decindo “esto pase a quen non cumpra o pacto”.

Será usual no xudaísmo solicitar o perdón dos pecados mediante o sacrificio dun animal. 
 
Agnus Dei. Zurbarán. 1640. 

Como exercicio, vos pido que comparedes a Alianza con Noé e a Alianza con Abram. 

Saúdos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario