domingo, 28 de xaneiro de 2018

Dolores O'Riordan, ou por unha vez vou poñer algo de música.


A visualización deste video é voluntaria. 

Como xa saberedes hai dúas semanas faleceu Dolores O'Riordan, a cantante do grupo irlandés Cranberries. Igual vós non a coñecíades, pero vos aseguro que os vosos pais a teñen escoitado moitas veces, e seguramente teñen disfrutado das súas cancións, moitas delas éxitos mundiais.

Ela nacera en Irlanda, no condado de Limerick, un lugar moi parecido a Baio ou máis ben moi parecido a calquera das aldeas de arredor de Baio. E se cadra o que non sabedes é que Irlanda é unha nación moi católica e ela, se ben non practicaba, definíase como unha persoa relixiosa. Ao fin e ao cabo comezara a cantar no coro da igrexa. 


Era moi admiradora do Papa San Xoan Pablo II. Reunírase con él no Vaticano e logo comentou: "Era precioso, moi santo. Estaba tola por él. Penso que realmente se preocupaba polos pobres e que amaba reunirse coa xente. Vino cando viñera a Limerick, cando eu era unha nena, foi bastante alucinante levar a miña nai para velo." Fixera unha fantástica interpretación da "Ave María" xunto a Luciano Pavarotti. Se vos fixades, na final do vídeo aparece a princesa Diana de Gales, que quedara moi impresionada coa actuación. 



Tamén efectou declaracións pro vida e desaconsellando o aborto, como podedes ver na seguinte ligazón

Con todo pasou por moitos disgustos: ao pouco de nacer ela o pai de familia sofrira un grave accidente e quedou paralítico. A súa casa desaparecera nun incendio, e ela sufrira abusos por parte dun veciño. A raíz diso sofreu depresión e anorexia. Nos derradeiros anos foralle diagnosticado un trastorno bipolar tras agredir a un policía e unha azafata de avión.

Aquí vos deixo o concerto que deron en París no ano 1999. Se activades os subtítulos podedes ver a letra das cancións en portugués, enténdense bastante ben. Se cadra aos vosos pais gústalles. 




Deica logo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario