Ata agora
vimos as Alianzas establecidas por Deus: a primeira con Noé e a segunda con
Abram.
Únicamente
mencionaremos aquí que Moisés foi o libertador da escravitude que os hebreos
sufrían a cargo dos exipcios, tomando aos hebreos para atravesar o deserto
durante 40 anos e finalmente entregarlles a terra prometida. Todo isto está
relatado no libro do Xénese e debía soarvos. Se non é así podemos comentalo na
catequese.
Unha vez
fóra de Exipto, os israelitas chegaron ao monte Sinaí, onde se produce a pasaxe
relatada no capítulo XIX.
1O día en que se cumprían os tres meses da saída dos israelitas de
Exipto, chegaron ó deserto do Sinaí. 2Procedentes de Refidim, chegaron ó
deserto do Sinaí e acamparon alí, ó pé do monte. 3Moisés subiu ó encontro de
Deus, e o Señor chamouno desde a montaña, para mandarlle dicir ós descendentes de
Xacob, comunicarlles ós israelitas: 4‑"Vistes como tratei ós exipcios,
como vos levantei a vós sobre ás de aguia e vos acheguei a min. 5Se agora me
obedecedes e gardades a miña alianza, seredes a miña propiedade escolleita
entre todos os pobos, pois a terra é toda miña. 6Vós seredes para min un reino
de sacerdotes, un pobo consagrado. Isto é o que lles has dicir ós
israelitas".
7Moisés foi chamar os anciáns de Israel, para exporlles as
palabras que lle mandara o Señor. 8O pobo todo a unha respondeu: ‑"Faremos
todo o que dixo o Señor". Moisés volveu onda o Señor coas palabras do
pobo. 9O Señor díxolle a Moisés: ‑"Voume acercar a ti na mesta nube, para
que o pobo oia como falo contigo e para que en diante crea en ti". Moisés
levoulle ó Señor a resposta do pobo.
Como lestedes antes, a Alianza con
Abram fóra elaborada cun rito. Agora a confirmación da Alianza vaise efectuar
dun xeito moito máis elaborado.
Moisés comeza por recibir os
mandamentos e o código da Alianza (disposicións legais que regulan a vida en
común dos israelitas), o que supón que a aceptación da Alianza e aceptar a
protección e guía de Deus cara á terra prometida require unha contrapartida.
Agora ben, esa contrapartida non supón unha adoración especial senon un
comportamento de hirmandade (non mentir, non roubar, non matar) entre os
membros do pobo de Israel. Isto si supón unha novidade. Pero aínda máis, se nos
anteriores casos a Alianza quedaba como unha declaración de Deus, agora
supoñerá unha complicada elaboración por parte dos hebreos.
3Moisés veu e expúxolle ó pobo as palabras do Señor e as súas
decisións, e o pobo a unha respondeu: ‑"Faremos todo o que dixo o
Señor". 4Moisés puxo por escrito todas as palabras do Señor.
O día seguinte Moisés ergueuse cedo, construíu un altar na aba da
montaña e chantou doce estelas, polas doce tribos de Israel. 5Despois mandou a
algúns mozos israelitas que ofrecesen holocaustos e sacrificios de comuñón ó
Señor. 6Moisés colleu a metade do sangue e botouna en recipientes, e a outra
metade asperxeuna no altar. 7Despois colleu o libro da alianza e leullo en voz
alta ó pobo. Este respondeu: ‑"Faremos todo o que dixo o Señor, e
obedeceremos". 8Entón colleu Moisés o sangue e asperxeu ó pobo con el,
dicindo: ‑"Este é o sangue da alianza que o Señor fai convosco, conforme
as palabras lidas".
9Moisés, Aharón, Nadab, Abihú e setenta anciáns de Israel subiron
á montaña 10e viron ó Deus de Israel. Debaixo dos seus pés había coma un
pavimento de zafiro, limpo coma o mesmo ceo. 11Deus non alongou a man contra os
escolleitos de Israel, que puideron ver a Deus. Despois comeron e beberon.
12O Señor díxolle a Moisés: ‑"Sube á montaña e queda onda
min. Dareiche as táboas de pedra coa lei e cos mandamentos que escribín, para
que llos ensines ó pobo".
A día de
hoxe esta data segue conmemorándose na nación de Israel como Shavuot
(Pentecostés) e para eles significa a entrega da Torah (lei de Deus) e a
liberación espiritual nacional, en contraposición coa festa da Pascua (Pésaj)
que conmemora a liberación política de Exipto.
Quixera
logo que me respondérades o que entendedes por "Holocausto" e por
"sacrificios de comunión".
Feliz
semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario