Como xa sabedes, esta semana pasada faleceu e recebeu
sepelio Don Francisco, o antigo párroco de Baio co que fixéstedes a primeira
comunión.
Vos pediría que vos despedírades del polo menos cunha soa oración para pedirlle
ao Señor que o acolla no seu seno.
Tamén vos pediría que pensárades por un momento na soledade que se vive cando
se é sacerdote, no pouco que se ocupa a xente dos sacerdotes cando se supón que
o sacerdote debe estar sempre pendente a responder cando se lle solicitan
cousas, e nas poucas vocacións que se dan hoxe en día. Vos pediría outra
oración polos nosos sacerdotes e polo aumento de vocacións.
E para decirlle adeus, a foto da homenaxe que lle fixo a parroquia
o pasado mes de xuño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario