domingo, 28 de xaneiro de 2018

Dolores O'Riordan, ou por unha vez vou poñer algo de música.


A visualización deste video é voluntaria. 

Como xa saberedes hai dúas semanas faleceu Dolores O'Riordan, a cantante do grupo irlandés Cranberries. Igual vós non a coñecíades, pero vos aseguro que os vosos pais a teñen escoitado moitas veces, e seguramente teñen disfrutado das súas cancións, moitas delas éxitos mundiais.

Ela nacera en Irlanda, no condado de Limerick, un lugar moi parecido a Baio ou máis ben moi parecido a calquera das aldeas de arredor de Baio. E se cadra o que non sabedes é que Irlanda é unha nación moi católica e ela, se ben non practicaba, definíase como unha persoa relixiosa. Ao fin e ao cabo comezara a cantar no coro da igrexa. 


Era moi admiradora do Papa San Xoan Pablo II. Reunírase con él no Vaticano e logo comentou: "Era precioso, moi santo. Estaba tola por él. Penso que realmente se preocupaba polos pobres e que amaba reunirse coa xente. Vino cando viñera a Limerick, cando eu era unha nena, foi bastante alucinante levar a miña nai para velo." Fixera unha fantástica interpretación da "Ave María" xunto a Luciano Pavarotti. Se vos fixades, na final do vídeo aparece a princesa Diana de Gales, que quedara moi impresionada coa actuación. 



Tamén efectou declaracións pro vida e desaconsellando o aborto, como podedes ver na seguinte ligazón

Con todo pasou por moitos disgustos: ao pouco de nacer ela o pai de familia sofrira un grave accidente e quedou paralítico. A súa casa desaparecera nun incendio, e ela sufrira abusos por parte dun veciño. A raíz diso sofreu depresión e anorexia. Nos derradeiros anos foralle diagnosticado un trastorno bipolar tras agredir a un policía e unha azafata de avión.

Aquí vos deixo o concerto que deron en París no ano 1999. Se activades os subtítulos podedes ver a letra das cancións en portugués, enténdense bastante ben. Se cadra aos vosos pais gústalles. 




Deica logo. 

domingo, 14 de xaneiro de 2018

A Alianza continúa: a historia de Abram.


Continuamos co tema da Alianza, e agora coa seguinte ocasión en que a vemos nos textos bíblicos: a Alianza con Abram. Aparece no capítulo XV do Xénese: Abram era moi maior, non tivera descendencia e ía morrer sen fillos. 




1Despois disto Abram oíu en visión palabra do Señor: ‑"Non teñas medo, Abram. Eu son para ti un escudo. O teu pago será moi grande".
2Abram preguntou: ‑"Señor e dono meu, ¿que me darás, se vou morrer sen fillos, e o damasceno Eliézer será o meu herdeiro?" 3E insistiu: ‑"Mira que non me deches descendencia e que un criado da casa será o meu herdeiro".
4O Señor respondeulle: ‑"Non será ese o teu herdeiro. Será un fillo teu". 5Logo levouno fóra e prometeulle: ‑"Olla cara ó ceo e conta as estrelas, se é que podes. Así terás de descendentes". 6Abram creu ó Señor, que llo tivo en conta para a xustificación.
7Despois díxolle o Señor: ‑"Eu son o Señor, que te sacou de Ur dos Caldeos, para che dar en herdo esta terra".
8Abram preguntou: ‑"Señor e dono meu, ¿como saberei que será miña?"
9O Señor respondeu: ‑"Tráeme unha becerra, unha cabra e un carneiro, todos eles de tres anos, e mais unha rula e unha pomba".
10Abram trouxo todo, partiu os animais polo medio e puxo unha metade fronte á outra; pero as aves non as partiu. 11Os voitres descendían á carnada, e Abram espantábaos. 12Cando o sol estaba para se pór, apoderouse de Abram un sono profundo e invadiuno unha escura ansiedade.
13Entón díxolle o Señor: ‑"Saberás que os teus descendentes terán que estar coma forasteiros nunha terra allea, e que os escravizarán e os oprimirán por catrocentos anos. 14Pero has de saber tamén que eu castigarei ó pobo que os escravice, e despois eles sairán con moitos bens. 15Ti irás xuntarte en paz con teus pais; serás enterrado ó cabo dunha boa vellez. 16Despois de catro xeracións volverán eles aquí, pois aínda non chegou ó seu cúmulo a maldade dos amorreos".
17Cando se puxo o sol e se fixo noite pecha, Abram viu pasar entre os membros dos animais tallados un fume coma de forno e un facho de lume. 18Aquel día fixo o Señor con Abram esta alianza: ‑"Os teus descendentes dareilles esta terra, desde o torrente de Exipto ata o gran río Éufrates, 19as terras dos Quenitas, dos Quenizitas, dos Cadmoneos, 20dos Hititas, dos Perizitas, dos Refaítas, 21dos Amorreos, dos Cananeos, dos Guigarxitas e dos Iebuseos".

Polo que temos lido esta vez a Alianza ten unha característica que logo veremos repetida: a conmemoración da Alianza cunha víctima sacrificial. Polo común aprovéitase o sangue da vítima. A vítima tamén é partida en dous, e os que aceptan a Alianza pasan polo medio dos anacos da vítima, como decindo “esto pase a quen non cumpra o pacto”.

Será usual no xudaísmo solicitar o perdón dos pecados mediante o sacrificio dun animal. 
 
Agnus Dei. Zurbarán. 1640. 

Como exercicio, vos pido que comparedes a Alianza con Noé e a Alianza con Abram. 

Saúdos. 

Conversos IV: A historia de José María Zavala.

A visualización deste video é voluntaria. 

Consiste nunha conferencia ditada polo xornalista José María Zavala, que usualmente escribía no diario El Mundo. Era un xornalista famoso e tiña escrito varios libros sobre historia e política. 

A súa conversión produciuse o 5 de agosto do ano 2009, segundo él explica por intercesión do Padre Pío de Petrelcina (en Italia o Padre Pío é máis famoso que Cristiano Ronaldo en España), de quen é moi devoto. Aquel día comprendeu que de non cambiar a súa forma de vivir iría sin remedio ao inferno. 

De inmediato quixo confesarse e cando entrou nunha igrexa procurando confesión atopouse con que o sacerdote era un antigo compañeiro de colexio, que resultou ter a clave para que José María endereitara a súa vida.

Dende aquela marchou vivir a Murcia, escribe algúns artigos no diario La Razón, escribe libros de corte relixioso e leva a páxina web Religión en Libertad, que considero recomendable.

Vos invito a que o vexades, considero que é bastante curioso. 


Feliz semana. 

Adeus a Don Francisco

Como xa sabedes, esta semana pasada faleceu e recebeu sepelio Don Francisco, o antigo párroco de Baio co que fixéstedes a primeira comunión. 

Vos pediría que vos despedírades del polo menos cunha soa oración para pedirlle ao Señor que o acolla no seu seno. 

Tamén vos pediría que pensárades por un momento na soledade que se vive cando se é sacerdote, no pouco que se ocupa a xente dos sacerdotes cando se supón que o sacerdote debe estar sempre pendente a responder cando se lle solicitan cousas, e nas poucas vocacións que se dan hoxe en día. Vos pediría outra oración polos nosos sacerdotes e polo aumento de vocacións. 



E para decirlle adeus, a foto da homenaxe que lle fixo a parroquia o pasado mes de xuño. 


domingo, 10 de decembro de 2017

Hoxe finalmente non vou.

Lamento non ter avisado antes, pero dado o temporal voume antes este domingo. 

Para o próximo domingo seguen pendentes as dúas entradas anteriores. 

Feliz semana. 

domingo, 3 de decembro de 2017

Conversos III: Sospeitosos.


A visualización destes videos é voluntaria. 


Consiste no trailer e en varios extractos comentados da película "Tierra de María" (aquí a páxina da película). Nas entrevistas que podedes ver de seguido coméntase o caso de varias persoas que nun momento determinado cambiaron a súa vida, nun proceso comúnmente conocido como "conversión". 








A máis famosa e impresionante conversión foi a de San Pablo, que pasou de fanático anticristiano (ao parecer estaba presente cando San Esteban foi martirizado por lapidación) a apóstolo (foi o único apóstolo que non compartira vida con Xesús) e redactor de 13 cartas conservadas no Novo Testamento, e que morreu martirizado en Roma ao mesmo tempo que San Pedro. 

Que teñades boa semana. 

O comezo da Alianza. A historia de Noé.

A Biblia é o libro sagrado tanto para hebreos como para cristiáns. 

O nome Biblia é o plural do termo grego "biblon" (libros), de onde podemos quitar que a Biblia está conformada por un conxunto de libros escritos por diferentes autores en diferentes etapas históricas. 

Podemos comezar a organización destes libros dividíndoos en dúas partes, o Antigo e o Novo Testamento. 

No noso idioma "testamento" ten o sentido de "herencia", se ben a palabra orixinal hebrea é "berit", que significa "alianza" ou "pacto". Así distinguiríamos na Biblia entre antiga e nova alianza. 

En realidade a clave da Biblia é o concepto de "alianza": se segues a Deus non es o seu escravo coma nas relixións paganas: en realidade es o seu aliado, Él precisa de ti, e o describe ao longo de todo o libro. Acabaremos cando vexamos as cartas de San Pablo, en concreto 1ª Corintios capítulo 3: 

"
7De maneira que nin o que planta nin o que rega son ninguén, senón Deus, que é quen fai medrar. 8Quen planta e rega veñen facer o mesmo, pero cadaquén levará a súa paga conforme ó seu traballo. 9Porque nós somos xornaleiros de Deus; e vós sodes o agro de Deus, edificio de Deus."

Para intentar contextualizar un pouco o comezo imos poñer un fragmento do capítulo IX do libro do Xénese, o primeiro do Antigo Testamento. Nel descríbese a chegada de Noé a terra tras o diluvio. 

Por se non vos lembrades ben, tamén vos meto un pequeno resumo.



1Deus bendiciu a Noé e ós seus fillos:
‑"Crecede, reproducídevos e enchede a terra. 2Que vos teñan respecto e medo os animais todos da terra e os paxaros do ceo. No voso poder están os réptiles todos da terra e os peixes do mar. 3Todo o que vive e se move serviravos para mantenza. Dóuvolo todo, como vos dei os vexetais. 4Mais non comeredes carne coa súa vida, quere dicir, co seu sangue. 5Tamén da vosa vida ‑do voso sangue‑ pedirei eu as contas. Pedireillas a todo home da vida do seu irmán. 6Quen mate un home, pola man de home morrerá, pois Deus fixo os homes conforme a súa imaxe. 7Reproducídevos, crecede, espalládevos pola terra e sometédea". 8Deus díxolle aínda a Noé e mais a seus fillos: 9‑"Vou establecer a miña alianza convosco e cos vosos descendentes, 10con todos os animais que están convosco, os paxaros, os gandos e as feras todas do monte, cantos saíron da arca e agora viven na terra. 11Fago convosco esta alianza: Endexamais será outra vez destruída vida ningunha polas augas do diluvio; non haberá outro diluvio que estrague a terra".


12E Deus engadiu: ‑"Este será o sinal da alianza que eu fago convosco e con todos os seres vivos que vos fan compaña, para todos os tempos: 13Poño o meu arco nas nubes, sinal da miña alianza entre min e a terra. 14Cando amoree nubes sobre a terra e apareza o arco nelas, 15lembrarei a miña alianza convosco e con todos os seres vivos, e non haberá máis augas de diluvio que destrúan a vida. 16Aparecerá o arco nas nubes e, ó velo, lembrarei a alianza perpetua entre Deus e todos os seres vivos". 17Deus aclaroulle a Noé: ‑"Este é o sinal da alianza que establezo entre min e canto ten vida na terra".

Pregunta: de qué vos sona a palabra "alianza" en misa?