Ben, outra temporada na que remata o Catecismo. Gracias por atender, aínda
que tampouco atendéstedes tanto, creo eu 😊
Para despedirme, simplemente facervos o acordo de que María aparécese en
Medjugorje.
Nestes últimos anos estase a producir un movemento Mariano moi importante,
sendo Medjugorje, pola súa continuidade e polas súas mensaxes o centro de
aparicións máis imporante na actualidade.
Tamén é certo que hai outros como Anguera, e relativamente hai pouco houbo máis
como Kibeho ou Akita. Podedes procurar información sobre eles en Internet.
Como resumo do que é Medjugorje, hai unhas conferencias moi boas de Jesús
García, póñovos esta porque fai unha historia sucinta do que alí sucede.
As novas tecnoloxías están presentes nisto, así que tendes unha canle de
Youtube na que se publican contidos sobre as mensaxes das aparicións, o evanxeo,
e cómo vivir de xeito católico. Chámase Reina de la Paz TV.
Se mirades nas listas de reprodución atoparedes diferentes contidos: hai programas agrupados baixo o título Según tu palabra, dirixidos polo P. David, nos que se analizan os evanxeos do día. En Conversando con Dios, o P. David pon unha oración para cada día.
En Escuela de Amor Aránzazu fala de cómo debe ser a oración e cómo debe
comportarse un católico. Nos comentarios das mensaxes, (lémbrovos que esas mensaxes seguen a darse día a día) Aránzazu e Carlos fan unha
análise persoal das mensaxes recibidas, e o P. David contextualiza esas mesmas
mensaxes no seu entorno bíblico.
Sabedes que existen 10 secretos que serán revelados polos videntes pouco
antes que vaian a ocorrir? Algo que nunca antes sucedeu na historia escrita da humanidade. O P. David fala aquí deses secretos, pero en realidade, como insisten na canle de Reina de la Paz, os secretos non importan, o que importa son as mensaxes públicas, que son as
que hai que vivir.
Xa para rematar, indicar que todo o que comentamos aquí, como din os
divulgadores e o P. David, é a nosa opinión persoal, sempre supeditada ao xuízo
da Igrexa.
En todo caso, se queredes saber máis, sempre podedes mirar nas páxinas de Reina de la Paz TV, Virgen de Medjugorje, Medjugorje.es, Santuario de Medjugorje, Medjugorje website, ou en Infinito más uno.
E podedes preguntarme a min ou ao noso párroco, dende logo.
Espero que rematedes ben o curso e que teñades felices vacacións.
Saúdos.
Saúdos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario