Na relixión católica a Eucaristía é un Sacramento clave, cunha nítida base bíblica.
Leamos o Evanxeo segundo Lucas, capítulo 22:
Leamos o Evanxeo segundo Lucas, capítulo 22:
14Cando chegou a hora, púxose á mesa cos seus apóstolos.
15Díxolles: -¡Moito levo desexado comer esta Pascua convosco antes de eu padecer!
16Porque vos digo que xa non a volverei comer ata que chegue o seu cumprimento no Reino de Deus.
17E collendo unha copa, deu gracias e dixo: -Tomade e repartídea entre vós,
18pois asegúrovos que non volverei beber do producto da viña ata que chegue o Reino de Deus.
19E collendo pan, deu gracias, partiuno e déullelo, dicindo: -Este é o meu corpo, que se entrega por vós; facede isto en memoria de min.
20E despois de cear, fixo o mesmo coa copa, dicindo: -Esta copa é a Nova Alianza, selada co meu sangue, que se verte por vós.
Podemos supoñer que a data na que se celebrou a Última Cea foi no 13 de Nisán (calendario hebreo) na véspera de Pascua (Pésaj) festa na que se conmemoraba a liberación do pobo xudeo de Exipto, na que se sacrificaba un año para ser consumido en familia. A cea celebrouse no mesmo momento e na mesma hora en que o año era sacrificado.
Cando chegamos a este punto toda a historia anterior encaixa como un puzzle: novamente repítese o momento no que o pobo de Israel encara a súa liberación, neste caso non material senon espiritual, abríndoselles as portas do ceo en lugar de partir liberados cara ao deserto, e co propio Fillo de Deus ofrecéndose como víctima.
A consigna do versículo 19 é clara: "Facede isto en memoria de min". E esa noite iniciouse unha cadea que chegou aos nosos días sen interrupción: semana tras semana, día tras día, primeiro os apóstoles e logo os sacerdotes repetiron o rito da consagración do pan e o viño como renovación perpetua do pacto entre Deus e o ser humano.
Tal data é considerada non só como o inicio da Eucaristía senon como a instauración da orde sacerdotal.
Agora as preguntas (hoxe van dúas):
Para que investiguedes: Cales son os sacramentos da Igrexa Católica?
Como opinión persoal: credes que pode deixar de celebrarse a Eucaristía?
Feliz semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario