domingo, 15 de abril de 2018

Conversos X: Alfonso del Corral.


Como sempre, esta é a entrada voluntaria da semana.

Seguramente non lembrades a Alfonso del Corral, e tampouco é extraordinario, así que terei que falarvos un pouquiño del.

Alfonso del Corral foi xogador do Real Madrid de baloncesto a principios dos 80, compatibilizando o deporte cos seus estudos de mediciña. Obtivo varios campionatos como a Liga e a Copa do Rei de baloncesto, e xogou tamén en competicións internacionais. Tras rematar a súa etapa como deportista mantívose vencellado ao Real Madrid nos servizos médicos, onde atendeu a tódolos xogadores do clube. 



Alfonso del Corral atendendo a David Beckham. 

Alfonso casara coa súa moza de toda a vida, coa que tivo cinco fillos. Xa na fronte dos servizos médicos do clube, rematada cum laude a súa tese doutoral, durante un partido fantástico recibeu unha chamada na que lle pedían que abandonara o encontro xa que o seu fillo do medio sufrira un accidente. Horas máis tarde o seu pequeno Álvaro falecía.

Como Alfonso diría despois, non se supera a morte dun fillo, simplemente asúmese. Pero esa circunstancia foi a que, dun xeito insólito, como sempre que hai conversos polo medio, aproximoulle de volta a unha relixiosidade que tiña case olvidada. Ahí queda a súa testemuña. 




Feliz semana. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario