Xesús xa resucitara mortos. O exemplo máis claro é o de Lázaro.
Pero coa propia resurrección de Xesús cambia algo que fai da súa
resurrección un feito distinto da de Lázaro. Poñamos uns textos do evanxeo de
Xoán, capítulo 20, copiado de abibliagalega.com.
Aparición ós
discípulos: 20, 19-23
19Naquel día, o
primeiro da semana, ó serán, estando pechadas as portas onde estaban os
discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús, e, poñéndose no medio, díxolles:
‑Paz convosco.
20Dito isto,
mostroulles as mans e mais o costado. Os discípulos alegráronse, vendo o Señor.
21El díxolles outra vez:
‑Paz convosco: coma o
Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.
22E dito isto alentou
sobre eles, e díxolles:‑Recibide o Espírito
Santo:
23a quen lles perdoedes os pecados, quedaranlles perdoados; a quen
llelos reteñades, quedaranlles retidos.
Aparición a Tomé: 20,
24-29
24Pero Tomé, un dos
Doce, o chamado Xemelgo, non estaba con eles cando chegou Xesús. 25Dicíanlle
entón os outros discípulos: ‑Vimos o Señor. Pero el contestoulles: ‑Como non
vexa nas súas mans as furas dos cravos e non meta nelas o meu dedo; como non
meta a miña man no seu costado, non crerei.
26Oito días despois
estaban outra vez dentro os discípulos, e Tomé con eles. Chegou Xesús, estando
pechadas as portas, e poñéndose no medio, dixo:
‑Paz convosco.
27Despois díxolle a
Tomé:
‑Trae aquí o teu dedo
e mira as miñas mans; trae a túa man e métea no meu costado. Non sexas
incrédulo, senón home de fe.
28Tomé respondeulle: ‑¡Meu
Señor e meu Deus!
29Xesús díxolle: ‑¿Tes
fe porque me viches? ¡Benia os que creron sen veren!
Unha pregunta moi simple: se estaban as portas pechadas,
como entrou Xesús na estancia?
Ningún comentario:
Publicar un comentario